O Ministerio de Inclusión, Seguridad Social e Migraciones acolleu a sesión constituínte do grupo de traballo interministerial que vai analizar a mellora das condicións dos pacientes de Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA). Ademais de Inclusión, forman parte do grupo os ministerios de Sanidade e de Dereitos Sociais e Axenda 2030.
Nesta primeira sesión, o ministro de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, José Luis Escrivá, e a ministra de Sanidade, Carolina Darias, agradeceron o traballo deste grupo no que tamén participaron o secretario de Estado da Seguridade Social e Pensións, Borja Suárez, a secretaria de Estado de Sanidade, Silvia Calzón, o director xeral de Dereitos das Persoas con Discapacidade, Jesús Martín e representantes das asociacións de enfermos de ELA e afectados pola enfermidade: Pepe Jiménez, vicepresidente nacional de ConELA, Carmelo Angulo, vicepresidente da Fundación Francisco Luzón, Alberto Reyero, asesor de organizacións de ELA, Juan Ramón Amores, alcalde da Roda e Noemí Sobrino, paciente de ELA. No encontro, os afectados explicaron a súa situación e necesidades e presentaron diversas propostas.