Xosé Veiga, xerente do Parque Náutico de Castrelo de Miño: «a hostelería é prescindible, a gran perxudicada de todo esto é a xente que morre e as súas familias»

Xosé Veiga Parque Náutico de Castrelo de Miño

O xoves, 15 de outubro, visitamos o restaurante do Parque Naútico de Castrelo de miño, o seu xerente Xosé Veiga dábanos unha visión do sector a quen non estamos acostumados nestes tempos de pandemia. Unha visión que día a día é reflexada no seu perfil de Facebook, cun sentido do humor que se agradece nestes tempos de «nova normalidade».

As pasadas semanas a Unión de Hosteleros Ourensanos, arrincaban as súas protestas e concentracións na Praza Maior de Ourense, para dar visibilidade e pedir axudas pola situación que está viviendo o sector. Unhas protestas que se mesturaban co anuncio por parte de Sanidade de un cribado voluntario no sector da hostelería. Un cribado do que non se coñecen ata o momento datos de ningún tipo, nin porcentaxe de hosteleiros que se someteron a él, nin cales foron os resultados.

A totalidade do persoal do Parque Náutico de Castrelo de Miño, sometíase de forma voluntaria as probas de detección do Covid, todos foron negativos.

Xosé, ¿Crees que a hostelería é a gran perxudicada de esta pandemia?

Non, a gran perxudicada é a xente que morre, e os familiares. A gran perxudicada, é tamén a sociedade. A hostelería é un sector mais, non podemos considerarnos nin máis importantes nin menos que outro sector. A Educación e a Sanidade son os sectores fundamentales na sociedade. Nós somo secundarios e prescindibles, ese es algo que ten que ter claro o sector da hostelería.

Outra cousa é ver como se poden compensar estos peches ou restriccións pero son temas secundarios. As prioridades son a educación e a saúde, porque esos, si son temas que inflúen no futuro.

Parque náutico de Castrelo de Miño

Moita xente pode pensar que tes esa postura porque o teu local é privilexiado ó contar con unha terraza e espacio suficiente para manter as mesas que tiñas hasta ahora nela. Hai negocios que ou ben teñen que pechar ou ben reducir a número de mesas a unha cantidade que non lles compensa abrir. ¿Crees que xogas con ventaxa?

Nos vimos acumulando perdas dende o mes de maio, con un 50% menos de facturación, xuño un 20%, xullo un 10%, agosto un 30% e ahora un 50%. As restriccións afectan a todo o mundo, pero sobre todo o que mais nos afecta é a perda da confianza da xente, a xente está deixando de gastar cartos no sector por medo.

¿Privilexiados? Cada un fala de feira como lle vai nela. Nós este ano conseguimos reducir algo o impacto desta pandemia, reducindo custes ou persoal. ¿Qué pode ser mellor para nós, que para outros? A xente non colle o coche dende Ourense para vir tomar un café aquí.

Dende un principio tivemos unha postura clara, unha postura tomada por todo o equipo: se abríamos era para facelo ben. Se eso implicaba enfrontarnos a clientes que non cumprían as medidas, arriscándonos a que non volveran éranos igual, esa era a nosa postura e é a que sigue sendo.

¿Pensa que esa foi a postura maioritaria do sector?

Non. Eu penso que en xeral como sector non soubemos ler, e seguimos sen facelo, cal vai ser o futuro da hostelería. Hay unha pubicación da UHO (Unión hosteleros ourensanos) que fala moi ben de como está o sector da hostelería en España, Galiza e Ourense en particular. É un sector sobredimensionado, subcontratado, con persoal «daquela maneira», sen pagar á xente, convenios salariales bastante cativos e moitísima autosubsistencia. Esa é a realidade a día de hoxe da hostelería en Galiza.

Terraza en el Parque Náutico de Castrelo de Miño

Non describes un escenario moi favorable do sector para os tempos que veñen

Pois temos que ter claro que durante dous anos a lo menos, imos estar a xogar ó gato e ó rato con este virus. Abriremos, pecharemos, con mais restriccións con menos, pero mentras non se teña claro que o problema real é a perda de confianza que se está xerando nos clientes, non poderemos enfrontarnos a esto con garantías para o sector. A xente vai perder o hábito de saír, coa consecuente reducción do gasto na hostelería por parte das familias.

É vital que o sector se posicione e intente recuperar esa porcentaxe de gasto no sector ¿Cómo se consegue? Transmitindo confianza e seguridade. O outro día paseando por Ourense, paséi por un local de ese que ahora teñen o cartel de SE VENDE: Razón Xunta de Galicia. O sue lado un pequeno cartel informativo sobre o COVID deses que mandan as institución, pero non vin nin un solo cartel que indicara como usar a máscara dentro do local ou na terraza. Non vin nin un solo cartel, indicando a xente como moverse polo local, non vin nin un solo cartel pedíndolle a Xente que se lavara as mans. Temos que transmitirlle a xente que poden vir o noso local, darlle esa confianza que nos permita seguir co negocio con total seguridade.

¿Comparte a postura de Unión de Hosteleros Ourensanos, reivindicada e manifestada nas concentracións que se están a levar a cabo na Praza Maior?

Comparto as reinvindicacións de que ten que haber por parte dos poderes públicos axudas específicas para o sector, non as subvencións que sacou a Xunta alá por marzo, abril que para poder pedilas tiñas que facer investimentos en cousas un pouco absurdas incluso. Comparto que ten que haber un plan específico para solventar a carga que vai ter o sector da hostelería, igual que outros sectores. Penso que por parte da Xunta de Galiza estase a criminalizar a un sector que non ten culpa

O sector debe reclamarlle a Xunta non que non nos peche, a Xunta fará os peches seguindo unhos parámetros sanitarios, senón que invirta en sanidade, en educación e en rastreadores.

Embarcaderos de Castrelo de Miño

¿Por qué chegamos en Ourense á situación na que estamos?

Ollo en Paris e no resto de Europa, están pechando o sector da hostelería moito antes que aquí, con niveles de contaxio moito más baixos que os nosos. Somos un sector que temos que ser conscientes que a xente vai estar un tempo sen mascarilla en espazos na maioría dos casos pechados. Esto temos que minimizalo, e neste sentido esixirlle a Xunta que faga os deberes, invirtindo en Sanidade, rastrexadores, e en campañas do uso da máscara. Eu a estas alturas non teño porqué estar explicándolle ós clientes cómo se debe usar a máscara no bar. Non houbo nin unha sola campaña informativa a este respecto en toda Galiza.

¿Cómo reacciona a xente cando lle da esa explicación?

Pois quédanse mirando con cara de marciáns, porque ademáis somos dos poucos sitios que o facemos. Cónstanos que hai algún mais, pero a resposta xeralizada soe ser :»E que esto non é así en Vigo» ou «esto non e así en Ourense» ou no bar de non sei onde. Nós non podemos responder polos demáis, pero é unha normativa que se aplica a toda Galicia, a moitos lugares de España tamén.

Esta postura ¿crees que vos achega ou vos afasta dos clientes?

É que esto nos da igual. O plantexamento foi que independentemente do que pense a clientela, primero somo nos. Os traballadores do sector temos que protexernos nós en primer lugar, despóis á xente. Quen non o queira facer, ten outros sitios. A nosa dignidade e a nosa saúde non se negocia nin cos clientes, nin coa xente que insiste en saltarse a norma.

Castrelo de Miño

¿O voso modelo de negocio mudou coa pandemia?

Si, xa antes de abrir tíñamos claro que había que cambiar non somente o modelo de negocio, senón tamén o modelo de servizo. Nós por exemplo, non podemos contar co servizo a domicilio, a nosa situación faino inviable.

Tivemos que cambiar por exemplo, o menú diario do verán, era inviable manter un menú cando había nula actividade económica, e por tanto non había traballadores que comeran fora da casa.

O qué tamén tivemos que mudar, como che decía, foi o servizo co cliente, de forma que o contacto con cliente viuse reducido a un solo momento. Non é collo o pedido, levo, doulle a conta, volvo ir coa volta. Non, ahora nun solo contacto deixamos solucionado todo, esto favoreceu un servizo moito más axil, mais organizado e no que se evitaba o exceso de interacción coa clientela e estar constantemente pasando entre as mesas.

¿O futuro?

Pois o futuro pasa polo que che dicía antes, nesta segunda ola estamos perdendo a oportunidade de transmitir confianza, a ver si de aquí a terceira ou cuarta ola o conseguimos. É absurdo que veña alguén de Ourense e que che diga «Mira en Ourense non imos a ningún sitio»

Agradecémolo enormemente, pero e que é absurdo que a xente teña que vir aquí a tomar un café porque non queren facelo alí. Hai xente do sector que segue descoñecendo os protocolos que nos son de aplicación.

Adoito dicir que somos un oasis no medio do océano. Cando presentaba os concertos sempre o dicía «somos un oasis de nova normalidade, rodeado de un mundo que se está destruindo. Moitos hosteleiros están esperando a abrir, igual que cando pecharon hai un mes. Esa é unha mala lectura da realidade. Igual nos somo o tolo, asusta ver que somos poucos os que tomamos esta postura. Pero a min dame igual

Nos cremos que esta é a forma correcta de traballar, e se eso nos leva a pechar por cuestións económicas, pecharemos e adicarémonos a outra cousa. Esto é unha cuestión de responsabilidade propia, dentro de 10 años preguntaremonos qué fixemos cada un de nos por evitar que se agravase a situación ¿Aplaudir as 8 da tarde?

Nos poderemos contestar coa conciencia tranquila.

Sentidiño coronavirus

Podedes seguir o día a día do Parque Náutico de Castrelo de Miño no seu Facebook: Náutico Castrelo

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad