Traballadores de Urbanos de Ourense denuncian tempos de traxecto “imposíbeis de cumprir” e continuo estrés laboral

Autobuses urbanos de Ourense
Autobuses urbanos de Ourense

A representación da CIG en Urbanos de Ourense, concesionaria do servizo municipal de transporte, presentou hoxe unha denuncia na Inspección de Traballo ante o continuo estrés laboral que padece o persoal de condución como consecuencia duns tempos de traxecto “imposíbeis de cumprir”.

Con esta acción a sección sindical vén de poñer en marcha unha campaña de información e de socialización das problemáticas que afectan as persoas traballadoras, iniciativa que se desenvolverá ao longo dos vindeiros meses.

Dende a central denuncian que o estrés laboral que afecta a saúde do persoal de Urbanos de Ourense é consecuencia directa dun sistema de liñas deseñado a final dos anos 80, cuns tempos por percorrido que resultan de imposíbel cumprimento na actualidade. 

“Ao longo destes anos a cidade mudou considerabelmente, e o servizo veuse afectado por cuestións como a redución de velocidades, a perda de carrís por mor da accesibilidade ou un aumento das persoas usuarias que fai máis lenta a condución”.

Acusacións do alcalde

Ao mesmo tempo, amosan a súa “enérxica condena” ás afirmacións do alcalde no último pleno, acusando o persoal de condución de Urbanos de Ourense dunha folga encuberta, “o que é totalmente falso”. Como tamén rexeitan as declaracións da voceira municipal do PP nas que responsabilizaba o persoal dos atrasos e do mal funcionamento do servizo.

“Estas intervencións parécennos unha falta de respecto e unha tomadura de pelo, xa que levamos solicitado por activa e por pasiva unha reordenación horaria dos servizos; os tempos dos traxectos están totalmente desfasados, e se hai días que non finalizamos algún é exclusivamente por orde da empresa, algo que o alcalde coñece pois xa llo trasladamos en varias ocasións”.

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad