Unha persoa falece en Maside tras sufrir unha saída de vía na AG-53

Accidente en Maside
Accidente en Maside

Unha persoa faleceu esta madrugada en Maside tras sufrir unha saída de vía co seu vehículo na AG-53, á altura do quilómetro 78. O accidente produciuse ás 00:45 horas, e foi un particular o que contactou co 112 Galicia ao atopar un coche entre os arbustos dunha estrada paralela, indicando que todo apuntaba a unha saída brusca do vehículo.

Ante a gravidade do suceso, activouse un operativo de emerxencias no que participaron o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros do Carballiño, axentes da Garda Civil e efectivos de Protección Civil. Ao chegar ao lugar, os profesionais sanitarios unicamente puideron certificar o falecemento da vítima, un home de 58 anos.

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad