As chamas arrasou esta madrugada, sobre as 07:00 horas, unha granxa en Cartelle a poucas horas de iniciar a súa actividade. As instalacións estaban baleiras, polo que non se rexistraron danos persoais nin animais afectados.
O dono da nave informou ao 112 Galicia que a calefacción estaba activada debido á proximidade do inicio da actividade. A orixe do lume segue sen determinar, aínda que a acumulación de palla no interior contribuíu á rápida propagación.
Os efectivos do GES de Celanova conseguiron controlar o incendio e avanzan na refrixeración da área. Tamén participan axentes da Garda Civil para investigar as causas do suceso.