Ribadavia irmanarase co concello mexicano de Colón para cooperar nos ámbitos da cultura, economía e viticultura

Ribadavia e Colón
Ribadavia e Colón

O Concello de Ribadavia e o municipio de Colón, en Querétaro, México, asinaron hoxe unha carta de intención para un irmandamento entre ambas localidades. Este acordo ten como obxectivo principal fortalecer a cooperación cultural, académica e económica entre ambas localidades, cun enfoque especial no sector vitivinícola e o turismo enogastronómico, actividades que unen e definen as identidades de ambos territorios.

Colón, municipio situado no estado mexicano de Querétaro, sitúase no centro de México e moi preto da súa capital. Coma no caso de Ribadavia, destaca a súa riqueza hidrográfica, xa que o municipio está atravesado por numerosos regatos que logo forman unha gran cunca, a do Lerma-Santiago. Así mesmo, con Ribadavia comparte tamén a tradición de terra de viño. Na rexión de Querétaro son coñecidos por cultivar unha ampla variedade de uvas que collen do territorio local unhas características únicas. Entre as variedades máis sementadas no Valle de Colón están a Malbec, Cabernet Sauvignon, Merlot, Syrah, Tempranillo, Chardonnay e a Sauvignon Blanc, entroutras.

Colón é, ademais, a única poboación de México que leva o nome do descobridor de América.
Baseándose nas ricas tradicións vitivinícolas que comparten, fundamentais no desenvolvemento local de ambas, Ribadavia e Colón comprométense a traballar conxuntamente en diversas iniciativas. Entre elas, destaca a creación de programas educativos innovadores no ámbito vitivinícola en colaboración con institucións como o IES O Ribeiro, a Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela, así como entidades educativas en Querétaro. Ademais, acordan promover intercambios para que estudantes, técnicos e produtores vitivinícolas de Colón poidan capacitarse en Galicia, aproveitando a experiencia e o liderado de Ribadavia neste sector, según de recolle no documento asinado hoxe.

Outro dos aspectos clave do acordo é a transferencia tecnolóxica para modernizar os procesos vitivinícolas mediante prácticas sostibles e eficientes. Igualmente, Ribadavia ofrecerá asesoramento ao Val de Colón para o desenvolvemento e a consolidación da súa Denominación de Orixe, un paso estratéxico para fortalecer a identidade dos seus viños nos mercados internacionais.
O alcalde de Ribadavia, César Fernández, e o presidente municipal de Colón, Gaspar Ramón Trueba, presentes en FITUR, coincidiron en salientar que este irmandamento representa unha oportunidade única para estreitar lazos internacionais e promover o crecemento sostible, preservando ao mesmo tempo as tradicións culturais e económicas de ambas localidades. O acordo marca o inicio dunha colaboración que beneficiará a ambos municipios, ao fomentar o intercambio de coñecemento e experiencias para o desenvolvemento mutuo.

Ademais do alcalde, á firma tamén asistiron o tenente alcalde de Ribadavia, Miguel García, e a concelleira de Cultura, Yolanda Gómez.

Con esta iniciativa ponse de manifesto a vontade compartida de Ribadavia e Colón de avanzar xuntos cara a un futuro máis próspero e enriquecedor, fortalecendo as súas relacións internacionais e o seu liderado no sector vitivinícola e enogastronómico a ambos lados do océano.

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad