Ribadavia aproba a ampliación e reforma do pavillón cun investimento de 1.3 millóns

Zona vieja de Ribadavia
Ribadavia

O Concello de Ribadavia ven de aprobar hoxe en sesión plenaria a execución das obras de ampliación e reforma do pavillón municipal O Consello, unha actuación estratéxica para o impulso da práctica deportiva na comarca do Ribeiro.

O proxecto conta cun orzamento total de preto de 1,3 millóns de euros, financiados entre a Xunta de Galicia a través da liña de axudas do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local (FCL), destinada a investimentos en infraestruturas municipais de carácter estratéxico; a Deputación de Ourense e o propio Concello de Ribadavia.

As obras contemplan a mellora tanto dos espazos deportivos como das zonas comúns, co obxectivo de ofrecer instalacións máis modernas e accesibles para a cidadanía. O pavillón O Consello presta servizo a clubs deportivos de distintas disciplinas —como balonmán, baloncesto…—, ao deporte escolar a través do programa Xogade, e á veciñanza en xeral que desexa mellorar a súa condición física e saúde.

Esta actuación enmárcase no Plan Ribadavia Activa, unha iniciativa municipal que busca fomentar a práctica deportiva entre a poboación, tanto federada como non federada, e promover hábitos de vida saudables.

O alcalde de Ribadavia destacou que a aprobación deste proxecto supón un paso adiante na mellora das infraestruturas deportivas locais e agradeceu o apoio da Xunta de Galicia para facelo posible.

O seguinte trámite tras a aprobación plenaria será a licitación da actuación, que se producirá en breve para que as obras podan comezar o antes posible.

Ademais do proxecto do pavillón, o pleno tamén aprobou a Conta Xeral de ano 2024, despois de estar exposta ao público durante un mes. Segundo o informe do interventor municipal, o Concello de Ribadavia xestionou durante o exercicio pasado preto de dous millóns de euros máis dos que orzamentara, procedentes de fondos doutras administracións e adicados maioritariamente a investimentos, o que evidencia, a xuízo do alcalde César Fernández, a capacidade do goberno local para captar fondos e xestionalos.

O orzamento aprobado inicialmente para o 2024 fora de 5.387.970 euros e o definitivo, de 7.250.839 euros.

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad