Resumo de acordos da Xunta de Goberno Local aprobados hoxe xoves 21 de xulio

Concello de Ourense y Plaza Mayor

A xunta de goberno local do Concello de Ourense aprobou na súa sesión desta mañá un total de 17 asuntos presentados polos diferentes servizos municipais

Licenzas (7)

  • Conceder licenza urbanística de obra para proxecto básico e de execución de reforma de portal de substitución e modernización de 2 ascensores nun edificio na Avenida de Buenos Aires
  • Denegar a petición de dun particular que solicitaba se volvesen analizar os proxectos para a construción de cinco vivendas unifamiliares na rúa Bande
  • Conceder licenza de obra para o proxecto básico e de execución para a recuperación do portalón de entrada ao Recanto da Requeixada, na rúa da Requeixada de Seixalbo
  • Conceder licenza urbanística de obra para proxecto básico e de execución de rehabilitación e ampliación de vivenda unifamiliar na rúa da Costa, en Beleiros
  • Autorizar o troco de uso do baixo dun edificio da rúa Marcelo Macías, sendo o novo uso o residencial.
  • Conceder licenza urbanística de obra para proxecto básico e de execución de adaptación de baixo a vivenda nun edificio na rúa Marcelo Macías
  • Conceder licenza urbanística de obra para proxecto técnico de reforma dunha vivenda nun edificio na rúa Xaquín Lorenzo Fernández “Xocas”

Aperturas (1)

  • Conceder licenza urbanística de obra para proxecto técnico de adecuación de local para clínica dental na Avenida da Habana

Disciplina (1)

  • Incoar expediente sancionador contra unha sociedade, de conformidade cos artigos 63, 64 e concordantes da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas, coma presunta responsable dunha infracción grave ou moi grave polo exercicio da actividade de gasolineira, subministro polo miúdo de combustibles, sen o correspondente título habilitante de natureza urbanística, na rúa Marcelo Macias número 140, tipificada coma infracción moi grave ou grave nos artigos 52 e 53 da Lei 9/2013, de 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia (DOG nº 247 de 27/12/2013), podéndoselle impor as sancións recollidas no artigo 58 da Lei 9/2013, de 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia (DOG nº 247 de 27/12/2013), unha sanción de multa de 30.050,62 a 601.012,10 euros en caso de clasificarse definitivamente a infracción coma moi grave e podendo impor unha sanción de multa de 300,52 a 30.050,61 euros en caso de clasificarse definitivamente a infracción coma grave

Contratación (1)

  • Acordar a terceira prórroga do contrato do servizo de mantemento e soporte técnico da plataforma de licitación electrónica do Concello de Ourense

Comercio (1)

  • Aprobar e dispoñer o gasto, e recoñecer a obriga, a favor do Xulgado Contencioso-administrativo nº 1 de Ourense, por importe de 243,21 €, en concepto de taxación de custas.

Servizos xerais (1)

  • Aprobar e dispoñer o gasto, e recoñecer a obriga, a favor dunha sociedade, por importe 1.672,62€, en concepto de abono de 3 mensualidades polo contrato de alugueiro dun local na Rúa Arcedianos, para o aloxamento das seccións sindicais do Concello, correspondente ás seguintes facturas

Avogacía Consistorial (5)

  • Sentenza 125/2022 ditada polo Xulgado do contencioso administrativo nº 2 de Ourense, no procedemento abreviado 233/2021 promovido a instancia dun particular contra a resolucion ditada pola Xunta de goberno local, que desestimaba o recurso de reposición interposto na reclamación patrimonial instada polas lesións e danos materiais sofridos pola existencia dunha mancha de aceite na estrada da Rua Ponte Codesal, por importe de 1.350,36 euros.
  • Auto 58/2022 ditado polo Xulgado do contencioso administrativo nº 2 de Ourense, na peza separada de medidas cautelares 46/2022 contra o decreto ditado pola concelleira delegada de Urbanismo do Concello de Ourense, polo que se acordaba o peche e precinto da actividade por carecer de licenza
  • Sentenza de 8 de xulio de 2022, ditada pola Sala do Contencioso Administrativo, Sección 1ª, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia da A Coruña, no recurso de apelación interposto por tres empregados municipais nunha reclamación laboral.
  • Sentenza núm. 118/22, de 11 de xulio de 2022, ditada polo Xulgado Contencioso-Administrativo núm. 2 de Ourense, no procedemento abreviado núm. 243/2021, promovido por un particular. A sentenza inadmite o recurso ao non terse agotado a vía administrativa, por non presentarse reclamación económica-adminsitrativa ante o Tribunal Económico-Administrativo do Concello de Ourense antes de acudir á xurisdicción contenciosa.
  • Dar conta de que o Concello foi emprazado para comparecer o diante do Xulgado Contencioso-Administrativo núm. 1 de Ourense, no procedemento abreviado relativo a unha sanción por una infracción da Lei de Seguridade Viaria.

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad