Reclaman a Jácome a renovación da rúa do Portalón e das áreas recreativas de Reza

Parque reza
Reza

As edís do grupo municipal socialista do Concello de Ourense percorreron Reza xunto á veciñanza para recoller as demandas e necesidades desta zona rural da cidade. Entre ditas necesidades destaca a reforma da rúa do Portalón, que constitúe a arteria principal do barrio e que precisa un acondicionamento integral por presentar, entre outras deficiencias, múltiples e fondas fochancas.

«Este barrio ten unha identidade e historia propias que dende o Concello de Ourense debemos loitar por conservar para ofrecer aos que alí viven a mesma calidade nos servizos públicos e infraestruturas das que desfruta o centro da cidade. Algunhas beirarrúas e camiños precisan de labores de desbroce urxentes», enfatiza a voceira do PSdeG na Administración local, Natalia González.

Neste senso, as socialistas tamén reclaman que os espazos verdes e recreativos de Reza sexan acondicionados, ao atoparse descoidados e con abundante maleza, para que a cativada dispoña de lugares de lecer. «Dende o PSdeG levamos anos reivindicando tamén que o parque 25N sexa aproveitado para dinamizar esta contorna con actividades e programación que debería complementarse con melloras para as persoas maiores, a área de autocaravanas, que conta con cada vez máis usuarios e usuarias e o adecentamento do parque canino», engade sobre algunhas das posibilidades do terreo situado ao carón das instalacións da asociación de veciños e veciñas.

Así as cousas, tanto a sinalización como as marquesiñas requiren ser renovadas. «A veciñanza das áreas rurais da cidade paga os mesmos impostos que o resto e debería obter a cambio, polo menos, as mesmas prestacións. Polo tanto, non podemos máis que reclamar que o goberno de Gonzalo Pérez Jácome leve a cabo intervencións que contribúan a incrementar a atracción de nova veciñanza e á retención da que xa vive nestas áreas máis desatendidas, especialmente dende que DO chegou ao executivo», remata a tamén secretaria xeral do PSdeG en Ourense.

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad