Reactiva Ourense +45 busca impulsar a volta ao mercado laboral dos homes e mulleres de máis de 45 anos

CEO y Diputación

A Confederación Empresarial de Ourense (CEO) e a Deputación Provincial impulsan un novo programa de apoio a mulleres e homes desempregados de máis de 45 anos, co obxectivo de axudalos na súa volta ao mercado laboral. Reactiva Ourense +45 é un programa de acompañamento activo e tutorización que pretende dotar das ferramentas máis actuais e adecuadas para realizar unha exitosa procura de emprego, enfocado nun colectivo vulnerable por motivos de idade, como o de maiores de 45 anos, para que dominen as técnicas e información máis efectivas para organizar e ter éxito na procura de emprego.

Reactiva Ourense +45 busca apoiar a mulleres e homes en situación de desemprego a través de sesións formativas e de tutorización en liña dunha semana de duración, nas que desenvolverán as habilidades profesionais e sociais dirixidas a incrementar as posibilidades de éxito na procura de emprego. Ademais, perséguese tamén xerar redes de contacto a través das sesións formativas, impulsar o espírito emprendedor e fomentar novas actividades económicas pola vía do emprendemento e o autoemprego, xerando un impacto positivo e duradeiro sobre o futuro profesional dos e as participantes.

O programa, dunha semana de duración para cada grupo formado entre 15 e 20 persoas, inclúe bloques temáticos como formación en competencias dixitais (coñecer e aprender a usar programas, correo electrónico, redes sociais ou plataformas específicas para a procura de emprego) habilidades para a empregabilidade (elaboración dun bo CV ou recomendacións para acudir a unha entrevista de traballo, por exemplo) e un seguimento individualizado atendendo ás necesidades tecnolóxicas de cada perfil participante, así como á aplicación práctica dos contidos aprendidos ao longo da semana.

Este plan formativo está pensado para a participación de persoas desempregadas de toda a provincia, por iso, aínda que cada semana está marcada para asistentes de comarcas concretas, existe flexibilidade para dar cabida a calquera procedencia en calquera data, dado o carácter en liña desta formación. Desenvolveranse un total de 6 semanas formativas para 6 grupos de participantes diferentes.

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad