O PSdeG-PSOE de Ourense confirmou a súa lista de delegadas e delegados para o 41º Congreso Federal do PSOE, que terá lugar en Sevilla os días 29 e 30 de novembro e 1 de decembro. A Comisión Executiva Provincial ratificou por unanimidade a lista encabezada polo secretario provincial e senador, Rafael Rodríguez Villarino.
O partido destaca que se trata dunha «candidatura de unidade absoluta», reflectida na elección consensuada das delegadas e delegados. Ademais, subliñan que a delegación ourensá asistirá ao congreso «en máxima harmonía e cunha cohesión absoluta», destacando que o proceso de recollida de avais superou o máximo de 214 en só 48 horas.
A delegación ourensá estará composta polas seguintes persoas:
- Rafael Rodríguez Villarino
- Marga Martín Rodríguez
- Eladio Santos Martínez
- Uxía Oviedo de Dios
- Miguel Ángel Rodríguez Ojea
- Marina Vaz Quintillán
- José Ramón Fernández Morgade
- Marina Tallón Núñez
- Xurxo Doval Blanco
- Eva Maldonado González
- Suplente 1. Emilio Luís Díaz Vidal
- Suplente 2. María Carmen Rama Cotelo
- Suplente 3. Iago Fariñas Valiña
Tamén participarán como observadores:
- Emilio Luís Díaz Vidal
- María Carmen Rama Cotelo
- Iago Fariñas Valiña
- María Fernández Ojea
- Juan Carlos Francisco Rivera
- Carmen Rodríguez Dacosta
- Aurentino Alonso Araújo
- Tamara Iglesias Figueira
- Manuel Freire Cid
- Uxía Tizón Vázquez