PSOE y Xuntos por Laza acusan al alcalde de Laza de «saquear las arcas públicas» al percibir 24.000 euros en dietas y asistencias, a pesar de recibir una pensión de incapacidad

Concello de Laza
Concello de Laza

O PSdeG-PSOE de Laza e Xuntos por Laza -Interior Galego Vivo denuncian que o alcalde do Partido Popular, José Ramón Barreal, embólsase por asistencias a xuntas de Goberno, plenos, dietas e quilometraxe 24.000 euros, a pesar de estar percibindo unha pensión por unha incapacidade permanente tras sufrir un accidente en 2020. Ambas formacións concordan en que esta situación «é insostible para as arcas municipais» e adiantan que «levarán o caso ante as autoridades competentes» para que estuden se é compatible cobrar unha pensión e percibir tan avultados importes por dietas, asistencias e quilometraxes.

PSdeG-PSOE e Xuntos por Laza explican que en 2024 o rexedor «convocou 55 xuntas de área, case a razón dunha media de 5 ao mes, o que lle permitiu ingresar uns 1.250 euros de media mensuais por estas reunións». Neste senso tamén apuntan a que entre plenos, asistencias ao CEIP de Laza, asistencias a comisións informativas e especiais de contas e xuntas de Goberno, o montante total ascende a 17.750 euros, ao que segundo subliñan «hai que sumarlle a quilometraxe».

«Este alto número de xuntas de Goberno é unha fórmula para percibir, de maneira encuberta unha retribución regular coa que complementar a pensión por incapacidade permanente que percibe o alcalde por parte do Estado», explican os voceiros das forzas da oposición Jorge Lorenzo e Juan Ramón Álvarez. Ambos coinciden tamén en que «Laza non precisa de tantas xuntas de Goberno e estamos ante unha trama orquestrada polo rexedor para saquear as arcas municipais».

Lorenzo e Álvarez tamén apuntan a que José Ramón Barreal «xa afirmou en varias sesións plenarias, tal e como quedou rexistrado nas actas, que el non viña a política a perder cartos». Neste senso sinalan que «estamos ante un claro caso dun alcalde que prefire encher os petos a costa das arcas municipais, en lugar de destinar eses cartos a investimentos que melloren a calidade de vida da veciñanza».

Esta cifra de xuntas de Goberno aumentou de forma notoria tras abandonar o goberno o bipartito formado polo PSdeG-PSOE e Xuntos por Lazo. No período no que estiveron ao fronte do consistorio, concretamente un ano, tan só se convocaron 15 sesións, 40 xuntas de Goberno menos das convocadas por Barreal en 2024. Neste senso cabe destacar que os asistentes as xuntas de Goberno local convocadas durante o ano de bipartito percibiron o mesmo que percibe o actual alcalde do PP nun mes.

«Ás retribucións por asistencias a plenos, xuntas de Goberno e comisións hai que sumar a quilometraxe, que o rexedor percibe por acudir ao concello», afirman Juan Ramón Álvarez e Jorge Lorenzo. Ambos voceiros destacan que o rexedor «ingresou en 2024 máis de 7.000 euros en retribucións por quilometraxe e dietas varias». Neste senso tamén apuntan que «segundo a información a que tivemos acceso, José Ramón Barreal percorreu no seu vehículo, do que solicitou a exención do pago de impostos pola súa incapacidade permanente, un total de 17.650 quilómetros, a razón de 0,26 euros por quilómetro percorrido».

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad