Premios Rebulir da Cultura Galega 2022: xa se coñecen os nomes dos premiados

Premios Rebulir da Cultura Galega

O Xurado da XI edición dos Premios Rebulir da Cultura Galega 2022, reunido en sesión ordinaria decidiu outorgar estes galardóns a:

1. CATEGORIA MÚSICA GALEGA:  Ao grupo FUXAN OS VENTOS no seu 50 aniversario pola súa dilatada traxectoria no eido da música tradicional e popular galega, poñendo en valor a poesía e cultura endóxena.  

2.CATEGORÍA ARTES ESCÉNICAS:  A CELSO FERNÁNDEZ SANMARTÍN por preservar e difundir a tradición oral galega desde o respeto, e levar os contos do noso rural a diferentes escenarios poñendo en valor a creatividade propia.

3. CATEGORIA HOMENAXE: a XOSE LUIS MENDEZ FERRÍN por ser un dos máximos expoñentes da literatura galega contemporánea e difusor da cultura propia a través da súa obra chegando a diferentes públicos.

A comisión que avaliou as diferentes candidaturas reuniuse o o 27 de xullo de 2021 as 20:30 h. de maneira virtual, e estaba constituida por:

PRESIDENTA DO XURADO:  Dna. Sandra González Sousa (Presidenta da AC. Rebulir)
SECRETARIO DO XURADO: D. Alexandre Sotelino Losada (Profesor da Universidade de Santiago de Compostela, e director artístico/académico do FIR)

VOGAIS:
– Vogal 1: D. Anxo M. Lorenzo Suárez (Director Xeral de Cultura da Xunta de Galicia)
– Vogal 2: D. Rosendo L. Fernández Fernández (Vicepresidente da Exma. Deputación de Ourense)
– Vogal 3: Dna. Isabel Gil Álvarez (Alcaldesa do Concello de Ramirás)
– Vogal 4:   Dna. Susana Durán González (Directora Administrativa do FIR)
– Vogal 5: Dna. Tamara Costas Caamaño  (Profesora de Música, e directora de diferentes colectivos musicais)
– Vogal 6.: D. Alejandro Lago Barciela (Mestre de Música Tradicional)
– Vogal 7: Adela Otero Vázquez (Comunicadora Audiovisual)
– Vogal 8: Eva Tato González e Galicia Gutiérrez (Actrices e profesoras de Teatro – voto único-)

Asemade, faise constar que a Presidencia de Honra de dito premio está exercida polo Sr. Presidente do Parlamento de Galicia, D. Miguel A. Santalices Vieira. Nesta xuntanza, acordouse tamén establecer o acto de entrega de ditos galardóns o Sábado 17 de Decembro de 2022, as 19:00 h. no marco da Gala Central do FIR_2022, a cal se celebrará previsiblemente no Complexo Polideportivo de O Picouto (Concello de Ramirás) seguindo estritamente as medidas sanitarias vixentes nese momento.

Cabe sinalar que o Premio Rebulir de Cultura Galega, nace no ano 2012 como un recoñecemento a persoas/colectivos que contribúan á difusión e posta en valor da cultura autóctona nas súas diferentes manifestacións. Un dos aspectos que defende este galardón é a proxección do nome de Galicia alén das súas fronteiras, facendo fincapé no establecemento de vínculos interculturais e de raíz.  Entre os/as premiadas están nomes de recoñecido prestixo como Xabier Diaz, Guadi Galego, Rosa Cedrón, Uxia, Leilía, Rubén Riós, Antonio Durán «Morris», María do Ceo, Carlos Blanco, Marcos Pereiro e Xose Antonio Touriñán, Xosé Ramón Gayoso, Xose Manuel Piñeiro, Mercedes Peón, Fina Calleja, Anxo Angueira… entre outros/as. 

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad