Piden regular o alugueiro e prohibir a vivenda turística

Asamblea
Asamblea

Medio cento de veciñas e veciños de Ourense participaron na asamblea aberta «Polo dereito á vivenda» convocada polo colectivo «Espazo Veciñal Ourense» no Café Cultural Auriense este domingo 9 de marzo. Coincidiron na preocupación pola situación da vivenda na capital ourensá e tamén no resto da provincia.  Examinaron distintos problemas que afectan á veciñanza, co obxectivo de impulsar unha serie de medidas que protexan os dereitos das persoas e familias afectadas polos elevados prezos do alugueiro, a especulación inmobiliaria e outras cuestións relacionadas.

Durante a asamblea houbo unanimidade na defensa de reivindicacións que consideran fundamentais para mellorar a situación da vivenda na nosa contorna. Entre as demandas máis destacadas e urxentes resaltan:

– A declaración de zonas tensionadas.

– A desarticulación dos grupos de desokupación

– A baixada dos prezos do alugueiro.

– A prohibición da vivenda turística.

– A prohibición da venda de vivenda para especular.

A asemblea finalizou cun claro consenso para secundar en Ourense as mobilizacións estatais convocadas para o próximo 5 de abril, coa finalidade de visibilizar estas demandas e loitar por unha vivenda digna e accesible para todas as persoas. A veciñanza deixou claro que está disposta a seguir loitando até que se consigan os cambios necesarios para mellorar as condicións de vida na cidade.

O vindeiro domingo 16 de marzo ás 18:30 celebrarase unha nova asemblea aberta na zona do Rianxo da Praza de Abastos das Burgas.

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad