Piden a dimisión de Gonzalo Pérez Jácome ante a sentencia que dictamina que o condena por acoso laboral a un traballador municipal

Gonzalo Pérez Jácome

O xulgado do social de Ourense vén de declarar nulo o cese do interventor do Concello e dictaminou que considera probada unha situación de «acoso no traballo» promovida polo alcalde da cidade, Gonzalo Pérez Jácome, a través de reiteradas manifestacións durante as sesións plenarias e as súas redes sociais. Ademais, a sentenza recolle que se indenmice cunha cantidade de 30.000 euros ao habilitado nacional e declara a nulidade do cese do seu posto.

«A sentenza recolle e tipifica unha conduta que ás e aos membros do grupo municipal socialista non nos resulta allea. O continuo abuso da súa posición con difamacións, calumnias e insultos que exceden, con moito, da crítica política e que so teñen como fin danar á persoa á que se dirixen, despreciala e desprestixiala, son unha constante no salón de plenos e no Concello de Ourense», subliña a edil do PSdeG María Fernández Ojea.

O xuíz afirma, nesta liña, que o rexedor iniciou «unha campaña de desprestixio» do interventor municipal «que non tiña outra finalidade que xustificar ante a opinión pública o futuro cese do seu posto por resultar un funcionario incómodo» e que o apartou dos seus labores malia a existir un informe do Ministerio de Facenda «que se opón radicalmente a elo». Así mesmo, sinala o maxistrado que se trata dunha actuación «completamente ilegal pola falta de competencia do alcalde, conforme á normativa vixente, para proceder ao cese do demandante». Ante estas explicacións, dende o grupo socialista consideran que a dimisión de Gonzalo Pérez Jácome debería de producirse de xeito inmediato.

«Esta non é a primeira denuncia á que se enfronta o alcalde e o Concello de Ourense e reflicte, ao longo das súas 18 páxinas a situación tóxica e de perigo para a saúde mental e laboral das traballadoras e traballadores municipais, así como das e dos membros da Corporación», recorda a edil socialista. Trátase da segunda sentenza que o goberno da terceira cidade de Galicia, baixo o bastón de mando de Jácome, acumula por un delito de acoso laboral logo de que a xefa da Policía Local, María Barrera, levase ao xulgado á Administración e se dictaminase outra indemnización de 30.000 euros.

Así as cousas, dende o grupo socialista consideran que os feitos que se relatan no dictame  son de «extrema gravidade e ademáis reiterativos». E que o rexedor «lonxe de por fin a unha conduta non só reprobable, senón ilegal, a incrementa a diario danando a integridade da institución á que representa e xerando un clima de toxicidade» nunha contorna na que el é o xefe de persoal.

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad