Os trens turísticos seguirán parados un ano máis, advirten os socialistas de Ourense

Tren turístico en la calle del Paseo
Tren turístico en la calle del Paseo de Ourense

O grupo municipal socialista critica o proceder do executivo de Gonzalo P. Jácome respecto á infraestrutura da piscina de As Burgas que leva xa cinco anos pechada e que continuará, como comunicou o propio rexedor esta semana, alomenos 9 meses máis sen poder empregarse pola cidadanía e os e as turistas. «Despois de que reiteradamente, tanto nas Xuntas de Área como nos plenos do Concello de Ourense, reiterase que estaba a piques de abrirse resultou que non vai ser así», expón o edil do PSdeG José Ángel Vázquez Barquero.

«O que é certo é que antes non existía a fuga de auga na que o alcalde funfamenta a súa decisión de continuar coa piscina pechada e despois das obras hai una parte da instalación que perde auga», puntualiza o concelleiro.

Nesta liña, aparte de non comprender as e os socialistas por que dende o goberno local afirmaron que a obra se realizara axeitadamente cando o luns informaron de que non estaba correctamente permeabilizada e requería dunha nova intervención antes de poñerse a disposición dos e das usuarias, engaden que tampouco entrarán en funcionamento os trens turísticos termais para os que se habilitaron partidas orzamentarias xa no último trimestre de 2023.

E engaden que non só non funcionan estes vehículos que servían para desprazarse ata as termas e cuxo traxecto finalizaba en Outariz, senón que nas paradas habilitadas tampouco figura ningún anuncio de que non están dispoñibles e é habitual atoparse con turistas desorientados. «Na primeira sesión plenaria deste mes de xaneiro xa preguntamos cando tiña pensado o executivo poñer en marcha os trens que se retiraron de circulación hai máis dun ano e o alcalde contestou que tardarían preto dun ano máis en volver a empregarse», lamenta o socialista.

«Hai unha clarísima involución no Termalismo da cidade que non está sabendo aproveitar os seus recursos económicos e de benestar para as e os ourensáns. Atopámonos con infraestruturas directamente pechadas e outras funcionando en precario a nivel municipal. Pero a nivel autonómico atopámonos con que o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, vén a Ourense a presentar o Plan de Turismo Termal o que semella que non existe unha cooperación institucional entre ámbalas dúas Administracións», remata sinalando o edil do PSdeG.

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad