Os socialistas reclamarán unha sanidade pública de calidade para Ourense no Parlamento e no Concello

Centro de Saude salud de A Cuña

As e os socialistas de Ourense defenderán a Sanidade pública na cidade con varias iniciativas que trasladarán tanto ao Parlamento de Galicia como ao pleno ordinario de abril no Concello de Ourense que terá lugar o vindeiro venres.

«O PP segue xogando coa Sanidade e os sucesivos derrubamentos que se produciron no hospital Materno Infantil do CHUO dan conta delo. A falta de previsión do Sergas é continua e as socialistas non deixamos de preguntarnos que medidas se adoptaron polo goberno galego dende que se produciu a primeira caída do teito do paridoiro deste edificio en decembro de 2023», expón a deputada no Hórreo Carmen Rodríguez Dacosta sobre a que supón xa a segunda caída de parte do teito desta instalación en pouco máis dun ano.

Entenden as socialistas que a Xunta de Galicia debe velar polos intereses dos e das doentes e as súas familias e sinala que, por desgraza, este último incidente non é un caso illado e a el se engade a aparición constante de gretas das que as e os profesionais veñen dando conta. Tamén lembra que dende o PSdeG xa se denunciou o mal estado da planta de obstetricia que padece a mesma falta de mantemento que o resto do edificio con paredes desconchadas, sucias e xanelas deterioradas que filtran frío ou calor provocando un claro perxuízo para as pacientes e as condicións de traballo do persoal.

«Cal é a situación real dende un punto de vista arquitectónico desta instalación? Que cronograma manexa o executivo en relación á apertura do novo edificio? Porque o personal do centro nos comunica que a obra leva 8 meses paralizada. Considera a Consellería de Sanidade acertado manter en uso unha infraestrutura con estes índices de accidentalidade?», pregunta a deputada.

Neste senso, destaca que piden accións áxiles a quen ostenta a responsabilidade para que os e as ourensás teñan o servizo que merecen. «Por elo instaremos á Xunta de Galicia a acometer, de maneira urxente, todas as actuacións precisas para garantir tanto a seguridade dos e das usuarias como a dos e das pofesionais sanitarias dependentes da Consellería de Sanidade na provincia. E, dende logo, que a obra do Materno Infantil se priorice e se leve a cabo á maior brevidade», esixe a deputada.

Así mesmo, as e os socialistas presentarán no pleno ordinario de abril do Concello de Ourense unha moción en defensa da Sanidade pública ante o que consideran unha crise sen precedentes na Atención Primaria e a súa capilaridade por ser a rede máis habitual e de maior contacto co usuario. «Sufríu unha gran minusvaloración, considerándoa un elemento menor do sistema, xunto ao esquecemento dos e das profesionais e a perda da relevancia no conxunto da organización do sistema», advirte a portavoz do grupo municipal do PSdeG, Natalia González Benéitez.

Ademais, entenden prioritario aumentar os servizos e persoal en áreas claramente deficitarias como Saúde Mental, onde a espera para ser atendido provoca que non sexa en absoluto resolutivo para as persoas que o precisan. Tamén que remate a saturación das urxencias dos PAC e dos hospitais, ao ter que atender cuestións que poderían ser resoltas noutros niveis asistenciais no caso de estar ben dotados e contar con reforzo e planificación.

No texto rexistrado, ponse de relieve que as políticas de recortes dos últimos anos levaron a que Galicia afronte a situación cun problema de persoal grave e que esta é a terceira peor CCAA de España en ratio de médicos e enfermeiros por habitante a tamén con peor ratio. «Consideramos importante facer un chamamento á cidadanía para a súa participación masiva na manifestación pola Sanidade pública deste domingo en Santiago de Compostela, ademais de pedirlle ao Concello de Ourense que deixe de ser un convidado de pedra e tome partido ante a situación gravísima do sistema na nosa cidade e ante a falta de acción da Xunta», reclama a tamén secretaria do partido en Ourense.

Así as cousas, as e os socialistas instan ao executivo de Gonzalo Pérez Jácome a promover actividades de difusión e coñecemento da situación sanitaria que afecta á cidadanía deste concello, para dar a coñecer os seus dereitos e a posibilidade de mobilizarse na defensa do sistema público de saúde de Galicia.

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad