Os socialistas reclamarán unha partida nos orzamentos de 2025 da Xunta de Galicia para a construción dun polideportivo para a ximnasia na cidade de Ourense

Socialistas
Socialistas

Dende o grupo municipal do PSdeG lembran que se trata dunha demanda histórica, que se puxo sobre a mesa en reiteradas ocasións, e que o goberno autonómico chegou a realizar un Estudo Xeotécnico e un Plan Director

«Ante a necesidade das e dos deportistas para adestrar nunhas instalacións dignas, cremos necesario que haxa un compromiso económico do que constitúe outra promesa incumprida pola Xunta de Galicia cara á cidade de Ourense», sinala a deputada Carmen Rodríguez Dacosta 

Ourense, 10 de xullo de 2024. A voceira do grupo socialista, Natalia González Benéitez, trasladou recentemente no Consello Municipal de Deportes (CMD), e en anteriores ocasións, a necesidade de acadar un compromiso institucional real para a construción dun novo pavillón deportivo que sirva para a práctica da ximansia nas súas diversas disciplinas.  

Todo elo logo de que a mediados de xuño o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, anunciase ditas instalacións deportivas mais confirmar o rexedor e o edil de Deportes, Anibal Pereira, que só se trataba dunha declaración «de intencións diante dunha demanda histórica» dos clubs da cidade. «É o momento de materializar as promesas con presupostos, tanto por parte do executivo local como do autonómico, e de que se poñan a traballar para solventar esta eiva», defende a tamén secretaria xeral do partido en Ourense.

Dende o grupo municipal socialista lembran que se trata dun compromiso que xa se puxo enriba da mesa varias veces -a primeira durante o executivo bipartito de PSdeG e BNG ao detectaren os socialistas a necesidade destas instalacións- e que se elaborara un Plan Director e un Estudo Xeotécnico para o seu emprazamento pero que non chegou a concretarse.

Así as cousas, a deputada no Parlamento Carmen Rodríguez Dacosta presentará unha proposición non de lei para o seu debate na Comisión 1ª para instar á Xunta de Galicia a que inclúa nos orzamentos do ano 2025 a consignación orzamentaria suficiente para executar as obras de construción dun novo polideportivo especializado, na zona sur da cidade, para a práctica da ximnasia en todas as súas diferentes especialidades.

Incide neste senso en que, en febreiro de 2014, o entón delegado territorial do goberno autonómico en Ourense, en rolda de prensa, sinalaba que a finca Mariñamansa contaría cun polideportivo que se convertería en referente da ximnasia en toda Galicia e recoñecía non existir un lugar adecuado para o desenvolvemento de campionatos deste deporte. «Prometía entón a construción dun pavillón multiusos que disporía dunha tecnificación axeitada para o desenvolvemento dos e das deportistas de alto nivel en todas as modalidades e que o proxecto contaría cun presuposto estimado de 3 millóns de euros», expón o texto rexistrado para o seu debate.

«Ante a parálise do proxecto, e a necesidade das persoas deportistas para adestrar nunhas instalacións dignas, o grupo parlamentario socialista cre necesario que haxa unha aposta real e un compromiso económico que materialice esta demanda histórica e que constitúe outra promesa incumprida pola Xunta de Galicia cara á cidade de Ourense», sinala a deputada.

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad