
As representantes do PSdeG no Consello Municipal de Deportes de Ourense solicitaron unha maior presenza feminina na presentación de eventos deportivos na cidade. A edil socialista María Fernández denunciou que estas imaxes están dominadas por representantes institucionais masculinos e instou a un cambio inmediato. A petición foi dirixida ao presidente do CMD, Aníbal Pereira, esixindo a Democracia Ourensana e ao PP que impulsen a participación das mulleres no ámbito deportivo desde as institucións.