Os socialistas piden que o goberno de Jácome non deixe escapar a oportunidade da área Rexurbe no casco histórico

Plaza Do Ferro en casco viejo antiguo vinos
Plaza do Ferro de Ourense

«O 60% dos edificios do centro histórico atópanse en estado ruinoso e, se non se actúa de xeito urxente, pódense perder para sempre, tal e como levamos anos denunciando. A decadencia é evidente e basta con dan un paseo pola zona para comprobalo», comeza expoñendo a portavoz do grupo municipal socialista no Concello de Ourense, Natalia González Benéitez.

Que a Concellería de Urbanismo se atope somerxida no caos -como amosa a tardanza á hora de tramitar licenzas, e o desmantelamento hai 3 anos da oficina do PERI- dificulta máis, segundo as e os socialistas, que se traballe axilmente nesta ferramenta que xa foi anunciada no Diario Oficial de Galicia.

«Dende que Gonzalo Perez Jácome goberna esta cidade hai seis anos, as políticas de vivenda e o fomento do comercio local son inexistentes e constitúen, non obstante, dous eixos transversais que deben desenvolverse parellamente para dinamizar o casco histórico facéndoo atractivo para revitalizar os edificios que o conforman. Só un 10% dos baixos teñen actividade económica», engade sobre a ausencia de vontate do executivo de DO.

Neste senso, lamentan que, do mesmo modo que aconteceu con outras subvencións millonarias que se perderon por non cumprir cos prazos de solicitude, a Área Rexurbe esmoreza por falta de planificación e traballo. «Ourense non se atopa en condicións de seguir perdendo oportunidades», incide.

As e os socialistas consideran tamén, identificadas as necesidades e deficiencias do casco histórico, unha oportunidade perdida a delimitación da Área Rexurbe porque o 40% do casco vello queda excluído da mesma. «Trátase dun ‘bypass’ pouco ambicioso por parte da Xunta de Galicia, o que non quere dicir que poida converterse nunha boa nova se a Administración local se pon a traballar arreo para aproveitalo», rematou a voceira do PSdeG.

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad