Os socialistas ourensáns destacan os descontos na AP-53 como exemplo da implicación do Goberno ca provincia de Ourense

autovía a-52 señal salida
Autovía

O PSdeG-PSOE de Ourense destaca que o anuncio feito en sede parlamentaria polo ministro de Transportes e Mobilidade Sostible, Óscar Puentes, en relación aos descontos nas peaxes da autopista AP-53 que comezarán a aplicarse en abril, «son unha mostra máis da implicación do Goberno progresista coa provincia de Ourense». O Consello de Ministros aprobará en abril o Real Decreto do novo esquema de bonificacións da autopista que une Ourense con Santiago, o que contribuirá, en palabras das e dos socialistas «a promover unha mobilidade máis segura e eficiente».

O senador e secretario provincial do PSdeG-PSOE de Ourense, Rafael Rodríguez Villarino, e a deputada no Congreso, Marga Martín Rodríguez, afirman que «estamos ante unha medida histórica da que se beneficiarán milleiros de ourensás e ourensáns que circulan a diario por esta autopista». Neste senso, a e o representante socialista en Madrid subliñan que «esta medida supón un antes e un despois para a cidadanía da provincia, que verá corrixida a discriminación con respecto a Galicia Atlántica, que xa desfrutaba destas bonificacións na AP-9».

As bonificacións a vehículos lixeiros, sempre que empreguen como sistema o pago da telepeaxe e cumpran unha serie de condicións de recorrencia, estarán enfocadas de tal forma que os traxectos de volta que se realicen nun prazo máximo de 24 horas, gozarán dunha bonificación dun 100%, que se aplicará todos os días da semana, incluíndo os festivos e sempre que o percorrido de volta sexa igual ao da ida. Ademais o Real Decreto que se aprobará no Consello de Ministros tamén terá en conta a recorrencia extraordinaria. «Deste xeito os usuarios que realicen polo menos vinte desprazamentos ao mes pola autopista, gozarán dunha bonificación adicional do 50% do importe pagado de tódolos percorridos realizados nese mes», apuntan Villarino e Martín.

As bonificacións tamén afectarán aos vehículos pesados de tipo 1 e 2 cun desconto do 50% do importe da peaxe en tódolos percorridos sen condicións. Ademais aplicarase sen ningún tipo de condicións, xa que están dispoñibles tódolos días da semana e para calquera sistema de pago da peaxe. O desconto realizarase de forma automático no momento do pago na cabina, tanto se se abona en efectivo, como con tarxeta ou telepeaxe.

Rafa Villarino e Marga Martín destacan que para a aplicación das bonificacións «o Goberno destinará un orzamento de 14,3 millóns de euros que financiarán todos os decontos da AP-53 en 2025, 2026 e 2027». Unha cifra, que ademais, se elevará aos 885 millóns de euros ata o final da concesión da autopista no ano 2074. A deputada e o senador apuntan a que «namentres o PP optou sempre pola privatización das autoestradas e a prórroga das concesións das mesmas, temos un PSOE que pensa nas persoas e que busca abaratarlles os custes nos desprazamentos diarios entre Ourense e a capital de Galicia».

O obxectivo marcado polo Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible é mellorar a funcionalidade do sistema de transportes por estrada, desprazando a autopista parte do tráfico que circula por percorridos alternativos, especialmente pola N-525, apostando así pola mellora da seguridade viaria.

Estas bonificacións continúan coa liña de axuda social que caracteriza ao actual Goberno socialista. Neste senso o PSdeG-PSOE de Ourense sinala que «na provincia deberíamos ser particularmente conscientes da labor social do Goberno, pois é un Goberno socialista o que axuda aos petos da veciñanza coas bonificacións, como foi un goberno socialista na Xunta, o de Emilio Pérez Touriño, o que fixo gratuíto o tramo da AP-53 entre Dozón e Ourense, transformándoa na AG-53». Lembran tamén que foi o goberno do PP con Aznar, o que privatizou a autopista asignándolle unha concesión de 23 anos, e logo coa «complicidade» de Alberto Núñez Feijóo estendérona a 75 anos.

Pin It on Pinterest

Logo Ourense
Logo Ourense
autovía a-52 señal salida
Centro de Saude salud de A Cuña
Chuo y Torres Mercadona Mariñamansa
Concello de Beade
Bandera del PSOE
Panorámica de Ourense por la noche con el barrio de A Ponte
PSOE de Viana
Chistes graciosos de Leiras y el churrasco Lucas Xose 2023
Ourense punto com gris
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad