Os socialistas manifestan a súa preocupación pola continuidade do contrato do autobús urbano en precario

Autobús de Ourense
Autobús de Ourense. Foto: Lucas Xosé

Logo de coñecerse que o Concello de Ourense desiste do procedemento de licitación do transporte urbano «dende o Grupo municipal Socialista lamentamos que o servizo vaia a estar, cando menos, un ano máis en precario».

«Para que se poida desistir dun contrato, débense de cumplir tres requisitos: primeiro, que este sexa anterior á formalización do contrato, segundo, que se acredite que se produciu unha infracción non subsanable das normas de preparación do contrato ou reguladoras do procedemento de contratación, e, terceiro, que se compense a aquelas empresas que concorreron á licitación, de boa fe, nos gastos que pudieran ter incurrido» subliña a edil, María Fernández.

Os pregos da licitación, tal e como se advertía dende o grupo municipal supuñan unha «práctica continuidade do anterior servizo «coas mesmas carencias e os mesmos retos por abordar. Unha oportunidade máis perdida para a mellora real» dun medio de transporte que empregan, segundo os últimos datos, 5 millóns de viaxeiros anuais na cidade.

Presentadas dúas reclamacións, o Tribunal de contratación as estima parcialmente e o Concello debe devolver os pregos ao departamento de contratación para solventar as eivas detectadas, volvendo a iniciarse o procedemento. «Desistir da licitación implica que cumprirase unha década do servicio en precario e esta precariedade afecta directamente aos veciños e as veciñas da cidade de Ourense», afirman

A improvisación e o caos son a tónica dominante para as e os socialistas nunha licitación que leva agardando máis de 10 anos e para a que se tivo tempo dabondo de elaborar unha mellor planificación. «Despois de que Jácome comezara a casa polo tellado coa adquisición dos novos 40 autobuses por 14 millóns de euros, a día de hoxe segue sen funcionar ao 100% a nova flota de vehículos, moitos deles con avarías, outros como os trens das termas desaparecidos, sen estacións de recarga por falta de previsión para os novos vehículos eléctricos e pagando do erario público naves de almacenamento externas por ser incapaces de poñelos en circulación nin saber xestionar previamente unhas novas instalacións de carácter municipal», finalizan.

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad