Os socialistas instan ao goberno de Jácome a adquirir o 5% da Casa Goretti para a súa rehabilitación

Concello de Ourense
Concello de Ourense

Logo de anunciarse no Diario Oficial de Galicia o recoñecemento de parte do casco histórico da cidade como Área Rexurbe para a súa rehabilitación, o grupo municipal socialista reclama que o executivo local impulse a recuperación da Casa Goretti, no número 26 da rúa Liberdade. «Trátase dun inmoble singular que leva anos abandonado e cuxas condicións empeoran conforme pasa o tempo sen que nada se faga por salvalo», expón a voceira do PSdeG, Natalia González Benéitez.

O PSdeG-PSOE xa presentou unha iniciativa en decembro de 2021 para o seu debate na sesión plenaria na que se instaba ao goberno de Gonzalo Pérez Jácome a que adoptase de maneira urxente todas as medidas necesarias para acadar que o antigo edificio do Colexio María Goretti pasase a ser de titularidade municipal ao 100%. «Actualmente continúa esmorecendo esta infraestrutura en pleno casco vello ante a falta de vontade política por recuperalo», advirte sobre unha infraestrutura emblemática na historia da urbe.

Recentemente se fixo precisa a intervención por parte do Concello que está a levar a cabo obras de apuntalamento ante os riscos de derrubamento do edificio e entenden como prioritario que as actuacións do executivo de DO vaian máis aló. «Dende o grupo municipal socialista insistimos, unha vez máis, en que dado que a Administración local posúe o 95,17 % do inmoble, o conveniente sería adoptar as medidas necesarias para acadar o 4,83% restante e adquirirlo definitivamente para a súa rehabilitación, nunha aposta clara por revitalizar a zona sur do casco histórico da cidade», puntualiza.

E rematan lembrando as e os edís do PSdeG que cando o actual alcalde se atopaba na oposición prometía que, no caso de ter o bastón de mando, arranxaría a situación de xeito áxil e urxente e nada fixo por solventar o deterioro deste edificio situado no corazón da cidade. «Tal e como solicitamos na iniciativa que defendimos no pleno, esta instalación podería adicarse a fins sociais, de promoción da igualdade ou de loita contra a violencia de xénero recuperando parte da historia esencial de Ourense», termina.

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad