Os socialistas de Ourense piden a Jácome unha última oportunidade para retomar as obras da Praza de Abastos e evitar unha batalla legal

Autobús y Plaza de Abastos
Autobús y Plaza de Abastos

O pasado xoves o goberno municipal aprobaba en Xunta de Goberno Local o requirimento á mercantil Comerciantes Asociados do Mercado de Abastos nº1 de Ourense SL de adaptación do espazo interior para o traslado dos postos para o exercicio da actividade na Praza de Abastos núm.1 do Concello de Ourense.

Neste senso, lembran as e os edis do PSdeG na Administración local que se trata dun paso que se dá por parte do rexedor trala ruptura unilateral das negociacións para a aprobación dun plan funcional consensuado entre Concello, Xunta e praceiros que garantira a continuidade das obras neste inmoble e o financiamento autonómico para a mesma, que ascendía a case 1,5 millóns de euros en dous anos. 

A tamén secretaria xeral do partido na cidade engade que «a loita por quen gaña o relato ou a guerra da verdade é unha irresponsabilidade de libro», máis cando está en xogo «o futuro de case 250 familias», o do «foco dinamizador do comercio de proximidade en Ourense» e, de novo, axudas públicas doutras administracións comprometidas.

Polos motivos expostos, as e os socialistas do Concello urxen altura de miras e sentido de cidade para acadar entre todos e todas abrir ao público en condicións a mellor Praza de Abastos de Galicia e unha das mellores de España, sen perder nin euro nin un minuto máis dos que xa se levan perdido na última década.

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad