Os socialistas de Ourense defenden que o rexeitamento á compra do BAMIO desvela os intereses ocultos de Jácome

Club Bamio de Ourense
Club Bamio de Ourense

Logo das últimas informacións coñecidas, dende o grupo municipal socialista lembran que xa no ano 2018 Democracia Orensana levaba a pleno unha moción para propoñer a adquisición do complexo deportivo do Bamio por parte do Concello. PP e PSOE abstivéronse e OUeC votou en contra, polo que foi rexeitada. O PP argumentaba o seu posicionamento na existencia dun informe que valoraba a compra e reconstrución do complexo en 2,7 millóns de euros e non o consideraban prioritario para o seu equipo de goberno naquel momento, ademais de advertir xa entón do alto custe de mantemento que terían as instalacións para as arcas municipais.

Dous anos despois, en xuño de 2020, Jácome anunciou públicamente que iniciaba os trámites para a compra do Bamio por parte do Concello, co fin de incorporarlo á dotación de espazos deportivos da cidade e naquel momento –na Xunta de Área de Urbanismo e no Consello Municipal de Deportes– as e os edís do PSdeG solicitaron todos os informes técnicos e xurídicos sobre a adquisición das instalacións, ademais dos de viabilidade económica para a súa compra e a estimación dos futuros custes de mantemento.

Neste senso, dende o grupo socialista lembran que o prezo de venta das instalacións ascendía a 1,2 millóns de euros e as reparacións necesarias para a posta en marcha das mesmas estimábase que ascendía a 2,8 millóns segundo reflictía un informe técnico de 2018. Só o custe da demolición da edificación sería de 1,4 millóns de euros segundo as estimacións dos técnicos municipais.

Así as cousas, o montante total de desembolso para as arcas municipais situábase por riba dos 4 millóns –ao que habería que engadir, a posteriori, o gasto de mantemento– e que isto se traduciría nunha hipoteca alta para o Concello de Ourense. A todo elo sumábase o feito de que a parcela na que se atopa situado o complexo deportivo aínda tería que ser xestionada urbanísticamente de cara ao seu futuro uso de acordo co plan urbanístico de 1986.

Ante o xuízo que terá lugar na Audiencia Provincial de Salamanca o vindeiro mes de xuño, as e os socialistas reiteran que o tempo lles deu a razón na súa decisión de non apoiar a adquisición desta propiedade, malia ser conscientes e defender sempre a necesidade de novas dotacións deportivas para a cidade. Xa por aquel entón, sinalaban a ausencia de viabilidade económica e garantías para o Concello de Ourense. Ademais de advertir dos intereses escuros que impregnaban unha operación que Gonzalo Pérez Jácome cualificaba como unha «ganga» e que veñen a confirmarse ante os actuáis acontecementos.

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad