Os socialistas consiguen que se aprobe a elaboración dunha ordenanza reguladora de transparencia e acceso a información pública no Concello de Ourense

Concello de Ourense
Concello de Ourense

«A transparencia debería ser un dos valores transversais dunha administración pública, como piar fundamental que asegura que non se produza ningunha actividade relacionada coa corrupción», indicou a edil do PSdeG no Concello de Ourense María Fernández na súa exposición da moción que presentou o grupo municipal durante o pleno ordinario de xullo.

As e os socialistas conseguiron o respaldo de todos os grupos da oposición para aprobar unha iniciativa que insta ao goberno local a que manteña a información actualizada e a que implemente as canles de participación da cidadanía nas políticas públicas. Tanto o PP como o BNG votaron a favor dun texto que reclama ao executivo de Jácome o cumprimento das súas obrigas legais de subministro de información ao Ministerio de Facenda e ao Tribunal de Contas de Galicia, nos prazos estipulados.

Neste senso, a socialista recriminou ao alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, e ao seu equipo que actualmente «o Concello de Ourense non soamente non conta con publicacións actualizadas no apartado de transparencia, senón que incumpre sistematicamente o subministro de información obrigatoria ás administracións competentes». E lembrou que a esta situación se engade o bloqueo ao traballo dos membros da corporación que ven diariamente lesionados o seus dereitos como edís. «As políticas de transparencia non se cumpren nas Xuntas de Area nin na web do Concello nin se está a facilitar a información aos membros da corporación, polo menos non aos do meu grupo político.» engadíu a concelleira.

Por outra banda, o grupo municipal socialista tamén conseguiu que se aprobase (coa abstención de Democracia Ourensana) a súa moción para impulsar un Acordo Municipal contra os Discursos de Odio para eliminar todos os obstáculos que seguen impedindo que as persoas do colectivo LGBTIQ+ poidan desenvolver os seus proxectos vitais en condicións de igualdade.

A edil do PSdeG Cristina Cruz aclarou que «o aumento de discursos de odio dirixidos cara o colectivo representa unha seria ameaza para os dereitos humanos e a convivencia pacífica na nosa sociedade». «Estas mensaxes non só xeran división e promoven a discriminación, senón que tamén poden derivar en actos de violencia física, verbal e emocional», engadiu.

As entidades locais son actores fundamentais na loita contra estes discursos, sendo a educación un dos principais ámbitos dende os que se pode actuar a fin de transmitir o respecto á diversidade. Por elo, inclúese nos puntos de acordo do texto instar ao executivo a impulsar e colaborar co tecido asociativo a cidade e as redes de apoio para as vítimas dos discursos de odio, así como a apoiar festivais de cine, eventos deportivos e outros acontecementos que fomenten a inclusión e a incorporar material especializado nas bibliotecas municipais.

«Quero lembrar o servizo 028 ‘Arco da vella’, que é un servizo gratuíto e confidencial que axuda ás vítimas, que informa dos seus dereitos e ofrecen atención psicosocial»  rematou.

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad