Os Partido Popular esixe o BNG explicións por incluir na lista das municipais de 2024 a un condenado por abusos sexuais a unha menor

Guardia Civil de Ourense
Guardia Civil

O Partido Popular de Ourense esixe explicacións ao BNG por incluír na lista do concello de Coles nas pasadas eleccións municipais a unha persoa condenada por abusos sexuais a unha menor, delito polo que pasou sete anos no cárcere.

Os populares expresan o seu «estupor» por estes feitos, logo de coñecer a través dunha nova publicada no diario ourensán La Región os detalles da participación da persoa condenada na vida política da formación nacionalista durante o proceso electoral de maio de 2023. Unha vinculación que se estende, segundo a información xornalística, a outros partidos políticos como PSOE, Sumar e Ourense en Común.

Porén, foi no BNG onde chegou máis lonxe, atopando nesta formación un oco na súa lista electoral, segundo a mesma nova. Así, o PP ourensán reclama ao BNG que «por responsabilidade» investigue como puido dar cabida na súa formación a unha persoa condenada e presa por un dos delitos máis execrables que pode existir.

A formación popular espera «contundencia» por parte dos nacionalistas, en especial pola condición do condenado de portavoz dunha plataforma cidadá lexítima que impulsa e apoia o propio BNG.

Desde o PP ínstase tamén á portavoz nacionalista, Ana Pontón, a que aclare cal é a situación actual desta persoa e a participación que está a ter no partido. Unhas explicacións que tamén debe ofrecer o secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, dado que a información tamén fala da participación do condenado nos procesos de elección de candidatos do seu partido nas municipais e nas xerais do pasado ano.

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad