O subdelegado do Goberno e a Confederación Hidrográfica analizan proxectos clave para Ourense

Foto de la reunión
Foto de la reunión

O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, reuniuse esta mañá co presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, José Antonio Quiroga, co obxecto de abordar proxectos de interese para a provincia relativos ás competencias do organismo hidrográfico.

Na xuntanza analizaron os proxectos que ten en marcha a Confederación en concellos de toda a provincia e que afectan a temas de regadío, melloras de cuncas, obras de saneamento e creación de sendas ou itinerarios de interese turístico.

Ademais, ambos representantes abordaron o Plan Hidróloxico actual, vixente ata 2027, facendo repaso dos orzamentos de 2025, adicados a novas inversións ou ampliación doutras que xa están en marcha; ao tempo que tamén intercambiaron ideas de cara ao plan seguinte.

“Hai proxectos de transformación hidráulica moi importantes en varios concellos e comarcas ourensáns, que recibirán inversións de millóns de euros, e que ademais significan unha mellora medioambiental substancial dalgunhas áreas nas que era moi necesaria”, concluíu o subdelegado.

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad