O PSOE quere liderar un goberno estable en Ourense cun pacto co PP e o BNG que garanta estabilidade nos próximos 3 anos

Concello de Ourense
Concello de Ourense

Logo da segunda reunión que tivo lugar hoxe entre as tres formacións da oposición no Concello de Ourense (PP, PSdeG e BNG) para ofrecer unha alternativa de goberno estable, a portavoz das e dos socialistas, Natalia González Benéitez, expresou que o seu partido está disposto a liderar dita alternativa.

«O Pacto da Concordia é o compromiso de tres forzas políticas, e das persoas que as representan, para cambiar o futuro de Ourense nos próximos 3 anos. É un acordo no que todos e todas temos que ceder pero no que PSOE, PP e BNG debemos ser igual de importantes», reiterou ao remate do encontro. Insisitiu, ademais, na importancia do programa e iniciativas a poñer en marcha estea quen estea no executivo para que a cidadanía non saia perxudicada.

«As e os socialistas poñemos sobre a mesa compromisos e realidades, con total convicción, lexitimidade, valentía e responsabilidade, para que non haxa lugar ao postureo nin a tirar de argumentarios para eludir responsabilidades, desta volta non valen excusas», afirmou contundente a tamén secretaria xeral do partido na cidade.

Rematou agradecendo, de novo, ao BNG e ao PP que se sentasen a falar unha vez máis e «a súa vontade de diálogo e consenso». E engadiu: «O PSOE é un partido de goberno e como tal estamos dispostos a asumir a nosa responsabilidade, como xa dixemos por nós non vai quedar, agora ben, a base fundamental ten que ser o pacto, o compromiso das tres formacións políticas para sacar adiante a cidade».

Así mesmo, os tres partidos coincidiron en expresar que nada ten que ver o acontecido no Concello de O Carballiño coa situación excepcional e crítica de Ourense, a terceira cidade de Galicia, con sete veces maior poboación. «Precisamente por iso se require non só de dous grupos políticos senón de tres, e non se trata de coalicións de goberno senón dun acordo histórico para desbloquear Ourense e garantir unha estabilidade poñendo os intereses da cidade por riba dos intereses partidistas, desde a responsabilidade e a lealdade de todos e cada un de nós a cada unha das organizacións que representamos», subliñou a socialista.

E rematou explicando que quedaron emprazados, «de acordo cos tempos necesarios para cada partido, para a súa reflexión interna e toma de decisións orgánicas e institucionais», para asinar o Pacto da Concordia definitivo en próximas datas e poñer á cabeza ao candidato/a alternativo a Alcaldía de Ourense, imprescindible para formalizar a moción de censura.

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad