O PSdeG reclama a Jácome máxima transparencia ante a posible reapertura da discoteca Macao

Concello de Ourense y plaza Mayor
Concello de Ourense y plaza Mayor

Logo de coñecerse, nas últimas semanas, a intención do executivo local de proceder á reapertura da céntrica discoteca Macao -cuxo peche e suspensión de licenza se decretara no ano 2019 por incumprimento das normativas de seguridade e accesibilidade con grave risco para a veciñanza e pola realización de obras sen autorización municipal- dende o grupo socialista do Concello de Ourense reclaman máxima transparencia e garantías no cumprimento da legalidade antes de proceder a súa anunciada reapertura.

«Os veciños e veciñas levan anos expresando a súa disconformidade e preocupación ante a súa posible apertura debido á afectación que produciría á súa calidade de vida polas molestias e ruidos que xa sufriron no pasado, á marxe de que poida abrirse sen subsanar esas eivas legais co risco engadido que isto supón», destaca e voceira do PSdeG na Administración local, Natalia González.

Neste senso, as e os socialistas sinalan que o pasado 21 de xaneiro tivo lugar a Xunta de Área de Urbanismo e Infraestruturas do Concello de Ourense, na que dende o grupo do PSdeG prantexaron unha serie de preguntas e solicitudes de información ao edil responsable da carteira, Francisco Lorenzo, sobre a posible reapertura destas instalacións na Rúa Valle Inclán da cidade e ante a preocupación veciñal manifestada ao respecto.

«Esiximos a copia do expediente completo da licenza de apertura da discoteca, e prantexamos as seguintes cuestións: Que xustificación técnica avala a reactivación da licenza que foi suspendida en 2019 por obras non autorizadas? Completouse o expediente de caducidade de licenza iniciado entón ou este permanece aberto aínda a día de hoxe? Se o local debe ser restaurado ás condicións do ano 1982 para a reactivación da licenza, cumpriría coa normativa actual en materia de seguridade, accesibilidade e prevención de riscos? Realizouse unha inspección técnica recentemente do local para determinar a súa adecuación á normativa vixente, especialmente en relación coas saídas de emerxencia, insonorización e capacidade? Que medidas están a adoptarse para evitar litixios coa veciñanza, garantindo un equilibrio entre o desenvolvemento de actividades económicas e protección do dereito ao descanso?», enumera a portavoz do PSdeG.

Así as cousas, inciden dende o grupo socialista en que, polo momento, a resposta do executivo de Gonzalo Pérez Jácome foi nula, chegando a afirmar o concelleiro delegado descoñecer a situación actual desta licenza e a problemática asociada á mesma. «Solicitamos de maneira urxente, a través do rexistro, acceso á documentación do expediente e resposta a esta batería de preguntas, cousa que a día de hoxe, pasadas case dúas semanas seguimos sen recibir, como é habitual por parte deste goberno», subliña tamén secretaria xeral do partido en Ourense.

Á espera de recibir toda a información anteriormente requirida, que reiteraron no día de hoxe ao goberno municipal, e ao igual que o resto de grupos da oposición, as e os socialistas consideran que «tanto o alcalde como o concelleiro de Urbanismo deben comparecer públicamente para dar as explicacións demandadas e proceder á convocatoria de maneira urxente e extraordinaria dunha Xunta de Área na que se aborde de xeito individual a reapertura da discoteca Macao, con luz e taquígrafos e ante os posibles conflitos xudiciais que se poidan derivar da xestión e tramitación deste expediente de licenza e o seu posible impacto económico no futuro para as arcas municipais, ademais da posibilidade de poñer en risco a convivencia veciñal e os seus dereitos fundamentais».

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad