O PSdeG-PSOE esixe ao presidente da Deputación que clarifique se apoia a xestión privada do Centro de Discapacidade de Ourense

Diputación de Ourense y Progreso
Diputación de Ourense

O Grupo Provincial Socialista esixe que o grupo de goberno do PP na Deputación clarifique a súa posición con respecto a que o centro de discapacidade de Ourense sexa o único sen xestión pública directa de toda Galicia, tal e como anunciou a conselleira de Política Social da Xunta, Fabiola García.

«Non entendemos o sentido da decisión, nin o silencio do PP provincial, xa que no Pleno de hai uns días absolutamente todos os grupos con representación na corporación provincial apoiamos unha iniciativa para ratificar a xestión pública e directa do Centro de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPD) de Ourense», subliña Álvaro Vila, voceiro socialista.

A Moción subscrita o pasado 20 de febreiro por PP, PSdeG-PSOE, BNG e DO aliñábase «co desexo expresado pola sociedade ourensá, en xeral, e polas familias das usuarias e usuarios (do CAPD), en particular». O presidente da Deputación, Luís Menor, quen tamén é o máximo responsable do PP na provincia de Ourense, fixo fincapé na necesidade que «o Centro teña unha xestión pública e directa (…) por coherencia co que ocorre no resto de Galicia».

Segundo Vila, «non podemos permitir que o CAPD de Ourense sexa o único dos galegos que non funcione con persoal público, dependente directamente da Xunta».

«A decisión de externalizar a xestión do Centro vai contra as demandas das Plataforma ProCAPD e tamén contra o compromiso asinado en 2016 por todos os partidos para a construción do centro e a súa xestión pública directa», conclúe Vila, quen agarda que o presidente da Deputación aclare a posición do PP de Ourense ao respecto.

O Grupo Provincial Socialista anuncia a adopción de eventuais iniciativas medidas para evitar que a xestión do CAPD recaia en mans privadas, amosando a súa total solidariedade coa Plataforma ProCAPD. «Estamos á total disposición das familias de afectadas e afectados, e seguiremos traballando e loitando ao seu carón ata que consigamos un Centro que cubra as necesidades da provincia», conclúe Vila.

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad