O PSdeG-PSOE de Viana do Bolo denuncia tres anos de precariedade no Servizo de Axuda no Fogar

Viana Do Bolo
Viana Do Bolo

O PSdeG-PSOE de Viana do Bolo volve a por o foco na «deixadez» e no «abandono» das responsabilidades a hora de afrontar as tarefas de goberno por parte do grupo municipal do Partido Popular. As e os socialistas denuncian a «desidia» do goberno local en relación ao servizo de axuda no fogar, que leva en precario e co contrato vencido máis de 3 anos, co conseguinte prexuízo que supón tanto para o concello como para as traballadoras e os traballadores da empresa concesionaria.

Dende o grupo municipal socialista lembran que o 19 de setembro de 2024 presentaron unha moción, que foi aprobada, e na que instaban ao concello a licitar o Servizo de Axuda no Fogar. Neste senso dende o PSOE vianés explican que tras aprobarse a moción «o goberno municipal encargoulle a unha empresa a elaboración dun prego de condicións para proceder a licitación do servizo». Tal e como explican «o custe foi duns 5.000 euros, que ben se puido aforrar se o PP optase por medios propios dos administrativos do concello».

O voceiro do PSdeG-PSOE en Viana do Bolo, Germán García-Ávila Arias, subliña que «dende a elaboración do prego pasaron xa 8 meses e este durme no caixón do esquecemento e o servizo segue sen sacarse a concurso e licitarse o servizo». Ante esta situación no pleno celebrado o pasado 20 de marzo, as e os socialistas preguntaron por que non se licitaba o servizo de axuda no fogar. «Chegamos incluso a propor a maneira de crear unha partida orzamentaria que permitira a licitación, sen ter que esperar a uns novos orzamentos», sinala o edil socialista, que tamén apunta que «propuxemos unha xuntanza dos grupos municipais inmediata para acordar a nosa proposta e convocar un pleno extraordinario para aprobar dita modificación e a convocatoria da licitación».

O 25 de marzo de 2025 prodúxose a xuntanza e na mesma o PSOE de Viana do Bolo propuxo que se emitira un informe por parte da secretaría en relación a posibilidade de modificar partidas dos orzamentos prorrogados. Outra das propostas foi que, en caso de que isto último non fose posible, se procedese coa proposta feita polas socialistas no pleno do 20 de marzo. «A pesar de pedir que se actuara e informara nun prazo máximo de 2 días, transcorridos 15 días, seguimos sen noticias, sen informe e sen data para a celebración do pleno», denuncia García-Ávila Arias.

O voceiro socialista apunta a que «non nos preocupa que a situación poida repercutir no servizo que se presta aos maiores, pois sabemos dabondo da profesionalidade e humanidade das traballadoras e traballadores». Non obstante, Germán García-Ávila, destaca que «si nos preocupa, e moito, o grave prexuízo, que debido a inoperancia do PP, se está ocasionando as e os traballadores, non só polos retrasos a hora de percibir os seus salarios, senón  tamén porque se ven privados de acceder a melloras laborais e económicas que contemplan as novas bases de licitación».

Dende o grupo municipal socialista lembran que «propuxemos que se elaborará o prego de licitación, arbitramos fórmulas contables para crear a partida orzamentaria que o permitira, denunciamos o irregular da situación cun servizo en precario dende fai máis de tres anos, alertamos dos prexuízos que pode ocasionar o concello e o dano lexítimo aos intereses e dereitos das e dos traballadores». As e os socialistas pregúntanse se «coa deixadez do goberno municipal estamos predicando no deserto e os esforzos son baldíos», pero finalizan afirmando que «non nos imos render».

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad