O PSdeG-PSOE de Ourense alerta de atrasos nas pensións de empresa de retornados de Alemaña

Sede del PSOE
Sede del PSOE

O PSdeG-PSOE de Ourense, a través da secretaría provincial de migracións, informa de que nas últimas semanas vén recibindo queixas de retornados de Alemaña que perciben, á parte da pensión oficial da seguridade social xermana, unha pensión de empresa e que esta non foi abonada durante o ano 2024.

Tal e como explican dende a área de migracións, as persoas residentes na comarca da Limia, no Ribeiro e nalgunhas zonas das provincias de Lugo e A Coruña «son perceptores de pequenas cantidades que non alcanzan os 1.500 euros anuais». A situación de falta de pagamentos, segundo apunta o secretario provincial de migracións, Luís Gulín Iglesias, «débese a non enviar de oficio unha fe de vida internacional para poder seguir recibindo a prestación». Este requisito é obrigatorio realizalo agora no principio do ano. Por parte da secretaría provincial de migracións prestouse o apoio técnico  tramitando vía correo electrónico as fe de vida internacionais correspondentes.

«Noutros casos, e esa é a novidade, os atrasos de percibir a pensión da empresa viñan motivados por carecer dun NIF en Alemaña», sinala Gulín que tamén destaca que «varios retornados recibiron unha comunicación da empresa aseguradora requirindo solicitar ao Bundeszentralamt für Steuern en Bonn o NIF alemán correspondente». Se non se xestiona este número fiscal non se poden emitir os pagos correspondentes. Por parte da secretaría provincial de migracións axudouse ás persoas afectadas a cubrir os impresos en alemán.

Estas pensións privadas da empresa, se non hai pensión española polo medio, tamén están suxeitas a cotizar ao seguro médico e seguro de dependencia xermano, a condición de que que sexan superiores a 187,50 euros mensuais para o ano 2025 (176,75 euros ano 2024). Unha cotización que pode chegar ao 19 por cento da pensión mensual e que é considerada gasto deducible na declaración da renda española.

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad