O PSdeG denuncia que o goberno de Jácome exclúe o Consello Municipal de Igualdade da programación do 8M

8m Día Internacional de la mujer
8M

As socialistas confirmaron esta mañá, durante as Xuntas de Área, que por primeira vez non se convocará o Consello Municipal de Igualdade para abordar a programación do 8M. «Prescíndese do órgano con excusas peregrinas, afirmando a concelleira que xa está todo cociñado, bloqueando o diálogo e o consenso e demostrando a súa falta de compromiso e vontade política neste eido. A intención encuberta de Democracia Orensana é que termine desaparecendo», sinala a edil do PSdeG Cristina Cruz.

Ademais, corroboraron que se adiará de novo a adxudicación definitiva do SAF e a entrada da nova empresa, estando pendentes agora de crédito e tendo que volver a solicitar outra nova prórroga forzosa de 2 meses a maiores. «Non é máis que outro exemplo da desidia e o caos no ‘modus operandi’ do executivo local á hora de facer fronte aos problemas máis urxentes e ás necesidades da veciñanza», subliña a voceira dos socialistas, Natalia González.

Do mesmo xeito, confirmaron tamén dende o grupo municipal do PSdeG que se suprimirán as actividades de conciliación nos centros cívicos nos períodos non lectivos neste 2025: Semana Santa, verán e Nadal. «Levamos anos denunciando que as familias con menos recursos e a igualdade non son unha prioridade para o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, e o seu equipo de goberno. E isto, por desgraza, vén a darnos a razón», lamenta sobre a eliminación dun servizo imprescindible durante todo o ano.

Así mesmo, as socialistas sinalan que non houbo resposta, por parte da concelleira responsable da carteira, á solicitude de convocatoria do Consello Municipal de Servizos Sociais prantexada, ao longo das últimas semanas, polas entidades e asociacións do terceiro sector e os grupos políticos nas propias Xuntas de Área. «Non son quen nin de atender as demandas e escoitar as necesidades das organizacións que traballan día a día cos e cas ourensás amosando un desleixo absoluto e continuo», critica Cristina Cruz.

Finalmente e a solicitude das socialistas, as representantes de DO afirmaron que non levarán adiante medidas a nivel municipal para a loita contra a trata ou para o mantemento das gateiras.

Ellos no cargan con esta mochila 8m mujer dia Xosevich 22

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad