O PP esixe solucións á tributación dos encoros transfronteirizos e á valoración catastral das centrais hidroeléctricas

Puente y casas en Aceredo junto al río Arnoia en embalse Lindoso
Puente y casas en Aceredo junto al río Arnoia en embalse Lindoso

Os populares véñen de rexistrar unha moción, para o seu debate e aprobación no vindeiro pleno da Deputación, na que esixe solucións á problemática tributaria dos encoros transfronteirizos e a valoración catastral das centrais hidroeléctricas. A voceira dos populares na institución provincial, Patricia Torres, compareceu xunto á alcaldesa de Lobios, María del Carmen Yáñez; e o portavoz do PP en Entrimo, José Albino Bastos, para explicar a necesidade desta moción.

Así, Patricia Torres argumentou que esta iniciativa «é de gran importancia para Lobios e Entrimo, territorios que, segundo valoracións proximadas, perderon a nivel tributario máis de 2 millóns de euros máis a recadación do IAE e precisan que se lles teña en conta para obter compensacións ante a situación de agravio que padecen»

Pola súa banda, a alcaldesa de Lobios sinalou que este agravio, «afecta triplemente aos nosos territorios, pois non só é en materia tributaria, tamén no eido medioambiental e en política exterior», recalcando que «pedimos discriminación positiva e que se nos teña en conta para que se nos compense esta situación», aspecto no que tamén abundou o portavoz municipal do PP en Entrimo, José Albino Bastos.

Tal e como solicitarán os populares no pleno do vindeiro día 28 de febreiro, os acordos da moción baséanse en, en primeiro lugar, instar ao Goberno de España a que estude as posibilidades de establecer compensacións económicas aos concellos con encoros transfronteirizos que non tributan en España.

En segundo lugar, pedirán trasladar este acordo aos Concellos afectados co obxecto de que adopten os acordos que consideren oportunos para lograr esta compensación, para a continuación remitir aos diferentes Grupos Políticos do Congreso esta problemática. O último dos acordos proporá instar ao Goberno de España a que modifique o R.D. 1464/2007, no que se establece un sistema de valoración uniforme para as construcións de centrais eléctricas térmicas e nucleares, coa inclusión no mesmo das centrais hidroeléctricas, coa retroactividade que permita a normativa vixente.

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad