O PP do Barco inicia unha nova etapa con Inmaculada Rodríguez á fronte

Inmaculada Rodríguez García
Inmaculada Rodríguez García

Inmaculada Rodríguez García (O Barco, 1974) foi elixida como nova presidenta do Partido Popular no Barco de Valdeorras durante o congreso da agrupación local celebrado esta tarde na vila, coa presenza do presidente provincial, Luis Menor.

Trala proclamación como presidenta, Inmaculada Rodríguez agradeceu o apoio recibido por parte da militancia, así como tamén por parte da dirección provincial, asegurando que aceptaba esta nova responsabilidade «con moitas gañas de traballar», o que segundo explicou significa «facer unha escoita activa da veciñanza para coñecer as súas inquedanzas, pero tamén escoitar á militancia para mellorar e ampliar o partido».

A nova presidenta local entende que a palabra clave para a etapa que agora se abre no partido é confianza, «xa que só desde a confianza no noso partido seremos quen de ofrecer solucións ás nosas xentes».

Rodríguez, profesional do sector do turismo, tivo no seu discurso palabras de recordo para a súa nai, Elena García, que foi concelleira no Barco de Valdeorras entre 1999 e 2003 e da que aprendeu, dixo, «a motivación pola política, que agora se intensifica».

Na clausura do congreso, o presidente provincial, Luis Menor, agradeceu a Inmaculada Rodríguez e o seu equipo este paso adiante «para liderar unha nova etapa do partido no Barco», afirmando que vía ilusión e gañas por comezar «unha dinámica de traballo que debe ter por obxectivo preparar as eleccións municipais de 2027».

Con todo, o presidente provincial lanzou unha chamada á responsabilidade e o compromiso, pedindo intensidade no traballo para deseñar iniciativas que respondan ás necesidades das xentes «e conseguir que o Partido Popular do Barco sexa a formación política que máis se pareza á veciñanza».

Para Luis Menor é básico trasladar á cidadanía ilusión polo cambio, «que hai un novo proxecto para este concello e para revitalizar a súa condición de capital de comarca». Un obxectivo que só pasa por «estar en permanente contacto coas xentes, abrindo o partido», e incorporando a todas aquelas persoas que desexen participar nunha nova etapa.

PRIMEIRO DOS CINCO CONGRESOS CONVOCADOS

O congreso do Barco de Valdeorras foi o primeiro dos cinco conclaves xa convocados polo Comité Executivo e cos que se inicia na provincia un calendario congresual que ten como finalidade a renovación das agrupacións locais.

A lista de convocatorias xa aprobadas completase cos próximos congresos de Toén, Maside, A Bola e Cenlle. Estas citas serven para consolidar a dinámica de traballo do partido con órganos de dirección democraticamente elixidos entre os afiliados.

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad