O Concello de Barbadás aprobou esta mañá en pleno e por maioría absoluta cos votos a favor de PSdeG-PSOE, Democracia Ourensana e Partido Galego; a abstención do BNG e os votos en contra do PP, unha nova estrutura para a taxa de recollida de lixo, obrigado por unha directiva europea e a subida do canon de Sogama.
Esta decisión, que están adoptando todos os concellos de Galicia polos mesmos motivos, ten sen embargo en Barbadás unha singularidade na forma de aplicación, máis xusta social e medioambientalmente. En lugar dunha suba lineal, que afectaría por igual a todas as familias ao marxe da súa capacidade económica, a súa capacidade de xerar residuos e mesmo as súas prácticas medioambientais, optaron por unha fórmula que busca todo o contrario: que quen máis contamine, pague máis, e viceversa.
Para elo, vincula o axuste da taxa de lixo ao consumo de agua. A maior consumo de agua, máis taxa de lixo, especialmente a partir dos consumos considerados excesivos. Pola contra, as familias cun consumo responsable e razoable de agua, poderán rebaixar ata un 35% a tasa anual da basura con relación ao que lle correspondería pagar no caso da que a suba fose lineal, como están aprobando a inmensa maioría de concellos de Ourense e Galicia.
Así, na práctica, o 50% das familias de Barbadás pagarán de media pola nova tasa entre un 20 e un 35% menos que coa suba lineal, mentres que o 70% pagarán entre un 10 e un 35% menos, tanto no ámbito rural como no urbano.
A medida está deseñada como unha alternativa equitativa e socialmente xusta en resposta á suba do canon de Sogama e á normativa europea, trasposta en España, que esixe aos concellos repercutir o custo real da recollida de residuos á cidadanía. Barbadás optou por evitar unha suba lineal que gravaría por igual a todos os veciños, sen ter en conta o seu nivel de consumo de auga ou a xeración de residuos. Este modelo, xa aplicado nos concellos da área metropolitana de Valencia, pero tamén en cidades como Barcelona ou Zaragoza, recompensará a aqueles cidadáns que adopten prácticas medioambientais responsables, incentivando en paralelo un consumo de auga razoable e sostible, a menor xeración de residuos e boas prácticas medioambientais.
Unha medida adaptada ás necesidades e realidades de Barbadás
A diferenza doutros concellos de Ourense e Galicia que aplican subas lineais na taxa do lixo, Barbadás aposta por un sistema flexible e adaptado a cada fogar. Para o 65% da poboación do rural e o 72% de A Valenzá, esta medida implicará unha redución de ata un 35% en comparación cunha subida lineal, mentres que os grandes consumidores pagarán máis que no sistema lineal. Esta iniciativa enmárcase no compromiso do municipio coa sostibilidade e a xustiza social, buscando tamén incentivar unha menor xeración de residuos.
Outras dúas novidades que aporta a nova ordenanza, son que as 300 vivendas que non teñen traída de auga e polo tanto non pagan taxa de basura (os dous recibo ían e seguirán indo xuntos), pasarán a pagar unha cota fixa (50 euros nas zonas urbanas e 30 no rural). Asemade, tamén se regulariza a situación das comunidades de propietarios, que ata o de agora pagaban por bloque en lugar de polo número de vivendas.
CADRO COMPARATIVO ENTRE A TASA ACTUAL, COMO QUEDARÍA COA SUBA LINEAL E COMO QUEDA CO AXUSTE EN FUNCIÓN DO CONSUMO DE AGUA
Consumo agua/ m3 bimestre | Tasa actualEuros/ano | Así quedaría coa modificación lineal. Euros/ano | Así queda en función do consumo agua. Euros/ano |
RURAL (recogida alterna) | RURAL | RURAL | RURAL |
0-6 | 60 | 120 | 80 |
7-10 | 60 | 120 | 100 |
11-15 | 60 | 120 | 120 |
16-30 | 60 | 120 | 140 |
30 en adiante | 60 | 120 | De 165 a 180, segundo tramo de consumo |
URBANO (recogida diaria) | URBANO | URBANO | URBANO |
0-6 | 80 | 160 | 100 |
7-20 | 80 | 160 | 120 |
11-15 | 80 | 160 | 140 |
16-30 | 80 | 160 | 160 |
31 en adiante | 80 | 160 | De 185 a 250, segundo tramo de consumo |