
O PSdeG-PSOE de Ourense informa de que o Ministerio de Cultura vén de anunciar que as obras do edificio do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense finalizarán no primeiro trimestre de 2026. Así o anunciou o senador socialista Rafael Rodríguez Villarino na comisión de cultura celebrada hoxe no Senado na que destacou o «compromiso» do Ministerio e do Goberno para apertura das portas do Museo Arqueolóxico en 2026, coa execución posterior das obras de acondicionamento interior, cuxo orzamento ascende a 3.188.898,64 euros.
Rodríguez Villarino amosou durante a súa intervención a súa «sorpresa» ante as críticas do Partido Popular ao Goberno, ao que acusaron de «falla de vontade» e «abandono» cultural, histórico e artístico cara a provincia de Ourense. «É asombroso que o PP realice estas críticas cando foi Aznar quen clausurou a actividade do museo en 2022, e Rajoy quen mantivo a inacción durante 9 dos 16 anos que pasaron ata que Pedro Sánchez reiniciou as obras en 2019», argumentou o senador do PSdeG-PSOE de Ourense. O secretario provincial das e dos socialistas provinciais tamén subliñou que «é o PP o principal responsable do languidecemento cultural e museístico da capital das Burgas, pois auparon e manteñen no poder municipal a un partido que despreza a cultura con maiúsculas e que está a piques de converter o museo municipal nun bar».
«O Goberno do Estado sitúa a Ourense entre as grandes urbes de España cun investimento en infraestruturas culturais que supera os 35 millóns de euros», afirmou Villarino, que tamén apuntou que «foron dous ministros socialistas os que inauguraron as instalacións emblemáticas como a Biblioteca Nós (José Girao) e o Arquivo Histórico Provincial (Miquel Iceta)». Neste senso, o líder das e dos socialistas ourensáns destacou que «será tamén un ministro de cultura do Goberno de Pedro Sánchez o que abrirá as portas do Museo Arqueolóxico Provincial».
Dende o grupo socialista no Senado aproveitan a moción presentada polo PP para aos populares a moción presentada para lembrarlle a cidadanía de Ourense e da provincia, que «a volta a vida cultural do Museo Arqueolóxico Provincial, así como a súa institución, son obxectivos prioritarios do Goberno de España e do Ministerio de Cultura», subliñou Villarino.
Cun investimento inicial de 12.696.632 euros e unha modificación da obra por 3.487.322,57 euros, o Museo Arqueolóxico Provincial súmase a outros investimentos do Goberno na cidade en materia cultural e que ascenden a máis de 35 millóns de euros no seu conxunto. «Estamos falando dun investimento histórico, que merece recoñecemento», apuntou Rodríguez Villarino durante a súa intervención.
O senador socialista pola provincia de Ourense tamén puxo en valor o «esforzo» do Goberno para superar «numerosas dificultades» para unha obra que rematará no primeiro trimestre de 2026. A partir dese momento, só restará realizar a instalación interior para que abra de novo as portas, unha tarefa para a que se contratou e redactou en paralelo o proxecto museográfico destinado a conseguir un aliñamento entre a fisionomía do inmoble e o proxecto expositivo, que recibiu un presuposto 3.188.898,64 euros.
«O Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense aproximaranos, por fin, ao ideal da Atenas de Galicia, como foi coñecida Ourense pola súa intensa actividade artística e cultural fai 100 anos», subliñou Villarino, que tamén lembrou que «a cidade languidece agora sen apenas oferta cultural, por mor do goberno municipal actual, impulsado polo Partido Popular». O senador ourensán finalizou afeándolle ao PP os seus «ataques banais e inxustificados» ao Goberno progresista e sinalou que «tamén se equivocan se creen que non votaremos a favor a causa dos seus atropelos porque como todo o mundo sabe carecen de base, e ademais, vostedes son conscientes, aínda que non queira recoñecelo, de que as propostas que realiza son, en realidade as nosas e as das persoas que se preocupan, verdadeiramente pola vida cultural de Ourense».