O Grupo Socialista logra apoio para garantir o futuro da escola infantil «A Casiña» en As Lagoas

Diputación de Ourense
Diputación de Ourense

O Grupo Provincial Socialista acadou o apoio do resto de grupos para que a Deputación se involucre no mantemento da Escola Infantil «A Casiña» e busque alternativas axeitadas para dotar de continuidade aos servizos e coidados dos máis cativos do barrio das Lagoas. «O peche anunciado o 27 de febreiro, sen previo aviso, ademais de deixar tiradas ás familias non presenta alternativas viábeis na entorna para cubrir a demanda existente«, subliñou o deputado socialista Diego Fernández.

Asentada sobre terreo público nas Lagoas, en funcionamento desde 1977 e xestionada hai 17 anos por Cáritas Diocesana de Ourense, a escola dispón de 41 prazas e un cadro de traballadores composto por 7 persoas. Segundo explicou Fernández, «a meirande parte das familias afectadas non pode desprazarse a centros educativos alternativos pola distancia e falta de recursos, o que fai do cerramento un inconveniente loxístico maior ou mesmo un obstáculo insalvábel, impactando na conciliación laboral e persoal dos fogares».

O deputado socialista polo Carballiño abondou na «ausencia de alternativas plausibles ao dispor das familias» cando se realizou o anuncio do peche. «A decisión de Cáritas Diocesana de Ourense sobrevén nun momento en que usuarias e usuarios da Escola Infantil xa tiñan confirmada renovación da súa praza no centro, o cal agrava a situación e incrementa a incerteza por non estar nais e pais en disposición de planificar axeitadamente o vindeiro curso», dixo este.

A moción socialista non pasa por alto a situación de desleixo na que quedan as sete traballadoras da escola, interpelando á corporación provincial a «actuar». «Alén de instar a Cáritas para dotar de continuidade ao centro, xa que non se xustifican as causas económicas esgrimidas para o peche, a Deputación ten que demandar da Consellería de Educación unha intervención de urxencia para atallar os efectos dunha situación que afecta ao benestar e estabilidade das familias e traballadoras, así como á atención e formación dos cativos».

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad