O Grupo Socialista denuncia que o novo PXOM ignora os intereses da cidadanía e busca ser aprobado “pola porta de atrás” sen avaliar as súas consecuencias

Natalia González y Alba Iglesias
Natalia González y Alba Iglesias

A voceira do grupo socialista no Concello de Ourense, Natalia González, resumíu esta mañá, en rolda de prensa, a actuación de «escurantismo e alevosía» do executivo local respecto a un asunto chave para a cidade como é o Plan Xeral de Ordenación Municipal. «Un mes despois de ser remitido á Xunta de Galicia o documento é coñecido polo resto de grupos políticos. Levamos máis de dous anos sen que se convoque a Comisión de Seguemento do PXOM por parte do alcalde e reclamamos que se faga de xeito urxente», comezou lamentando.

«Un ano e medio estivo parado o expediente, dende a entrega de documentación do equipo redactor do mesmo, ata o reinicio da tramitación en marzo de 2024 por parte de Gonzalo Pérez Jácome. Estamos ante o terceiro cambiazo de plan en dúas décadas e un ‘déjà vu’ do de Manuel Cabezas ao que se engaden os caprichos de Cudeiro e o propio alcalde», sostén taxante.

Tamén destacou ante os medios de comunicación que na documentación, á que polo de agora tivo acceso o grupo municipal socialista, «non se conta co aval do propio equipo redactor do PXOM» nin está garantida «a súa viabilidade económica e seguridade xurídica» segundo deixa patente o interventor. «É un documento que se pretende aprobar pola porta de atrás sen medir as consecuencias que pode acarrexar, como xa aconteceu no ano 2003″, explicou a tamén secretaria xeral do PSdeG en Ourense.

Enumerou, así as cousas, que no expediente que se remitiu á Xunta de Galicia hai 4 informes especialmente relevantes: o do xefe de servizo de Planeamento, o do anterior asesor xurídico, o da intervención municipal e outro externo encargado pola anterior concelleira de Urbanismo sobre as últimas modificacións a proposta do rexedor. «Os dous primeiros son coincidentes e atribúen a competencia para aprobar o plan exclusivamente ao alcalde, afirman que non haberá que asumir indemnizacións por parte do Concello en materia urbanística e no do xefe de servizo destácase que os informes de asesoría xurídica e intervención non son vinculantes», explica a socialista sobre o atopado na documentación.

«Non obstante, o interventor recorda que competencia para a aprobación provisional do PXOM é do Pleno da Corporación; que a súa hipotética aprobación por parte da Alcaldía sería un vicio validante do acordo adoptado e nulo de pleno dereito; que contén vicios de procedemento esencial que poden xerar posibles efectos xurídicos indesexables e que esixe maiores cautelas por parte da administración local. Así como que o estudo económico-financieiro contén erros en canto aos gastos que tería que soportar o Concello de Ourense e carece de carácter técnico nin formal», contrapuxo a voceira do PSdeG.

En canto ao dictame externo solicitado polo PP, subliñou que deixa en mans da Xunta de Goberno Local a aprobación provisional do plan, que tería que se realizar unha segunda exposición pública e que si é preciso indemnizar no caso das Torres do Miño, tal e como rematou relatando a portavoz socialista.

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad