O Grupo Provincial Socialista na Deputación esixe á Xunta que garanta os postos de traballo na planta de Faurecia en Ourense

Faurecia
Faurecia

O Grupo Provincial Socialista na Deputación de Ourense reclama que a Xunta de Galicia «asuma compromisos» cos traballadores da planta de Faurecia en Ourense para garantir a carga de traballo actual e non perder ningún posto de traballo. Tras reunións coas principais centrais sindicais con representación, os socialistas procederon a rexistrar unha emenda de adicción que será debatida no pleno da Corporación Provincial de próximo venres, onde se insta ao goberno autonómico a responsabilizarse e poñerse ao dispor dos operarios da factoría ourensá.

«Para nós era importante sentarnos con eles, comprender a situación e escoitar as súas demandas, sendo eles os que coñecen a auténtica realidade da empresa, e así poñernos á súa disposición», subliñou o voceiro do PSdeG-PSOE na Deputación, Álvaro Vila. Segundo este, quen acompañado de deputadas e deputados do seu grupo mantivo encontros con delegados sindicais da CIG, CCOO e UXT, «o máis aprémante é que a Consellería de Economía e Industria asuma compromisos e se reúna cos representantes da empresa con vistas a avanzar cara pistas de solución que garantan a carga de traballo e o mantemento de todos os postos laborais».

Os traballadores da planta de Faurecia en San Cibrao das Viñas enfrontan unha situación preocupante pola redución da produción do seu principal cliente, Stellantis. Esta diminución ten levado á empresa matriz, Forvia, a anunciar un plan global de recorte de 10.000 empregos en Europa nos vindeiros cinco anos, o que representa un 13% do seu cadro de persoal. A factoría ourensá, que emprega preto de 300 traballadores, comunicou a supresión de 27 postos de traballo. Un axuste que se plantexa coma un proceso de adhesión voluntaria, se ben non se descartan medidas máis drásticas se non se acada a cifra prevista.

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad