O Grupo Municipal Socialista apoia á veciñanza de Peliquín e afirma que a única solución ás súas demandas está en mans do goberno de Jácome

Vecinos de Peliquín
Reunión de vecinos de Peliquín con representantes de PP, PSOE y BNG.

Logo da reunión mantida esta mañá coa veciñanza de Peliquín, a voceira socialista no Concello de Ourense, Natalia González, destacou que dende a Subdelegación do Goberno nos últimos anos «se traballou man a man e en contacto permanente con responsables de ADIF e do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, canalizando as demandas, trasladando toda a información requerida e conseguindo melloras con respecto ao proxecto e o trazado inicialmente previstos».

E neste senso, lembrou que o proxecto, que responde a unha demanda histórica para a cidade, ve a luz por fin, «ao igual que outros como a chegada da Alta Velocidade, a Variante Norte, a Variante Exterior, a recuperación do Museo Arqueolóxico, ou a rehabilitación Arquivo Histórico Provincial de San Francisco, baixo o mandato de Pedro Sánchez no noso país e grazas á súa vontade de apostar económicamente por Ourense, sacando todos os proxectos estratéxicos para a cidade do caixón no que levaban décadas».

O recente mes de abril ADIF sacou a concurso a supresión do paso a nivel de Peliquín cun orzamento destinado superior a 2,3 millóns de euros, co obxectivo de que as obras estean rematadas no 2025. «O goberno municipal de DO e Gonzalo Pérez Jácome decidiron, durante este tempo, non tomar partido e poñerse de perfil á hora de respaldar as reivindicacións veciñais ante ADIF e o Ministerio no relativo á supresión do paso a nivel consideraron, como é habitual, máis sinxelo botar a culpa a outros que facer algo dende a súa máxima responsabilidade institucional», recriminou a portavoz e secretaria xeral do PSdeG na cidade.

Ademais, dende o grupo socialista, explican que é certo que ADIF e o Goberno accederon a levar adiante melloras no proxecto inicial, pero que non se puido atender a reivindicación chave para os representantes da AVV por considerarse inviable técnicamente a súa execución: a realización dun paso inferior para peóns e vehículos no mesmo lugar que a día de hoxe ocupa o espazo.

Así as cousas, Natalia González considera que «a única solución posible para levar adiante o solicitado pola veciñanza ten que vir da man do Concello de Ourense» que dende o executivo local «deben poñerse a traballar xa para que unha vez rematadas ou no decurso das obras se poidan estudiar, e de ser o caso materializar, outras alternativas se estas foran precisas, xa que a adxudicación das obras producirase en próximas datas, o igual que o remate das expropiacións, e as obras comezarán antes do fin do presente ano».

As socialistas trasladaron o seu apoio unha vez máis á veciñanza do barrio de Peliquín e respaldaron un documento conxunto que recolle as súas demandas e que ten como obxectivo darlle traslado a outras institucións e organismos oficiais.

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad