O goberno municipal non asiste a Fitur porque «se avergoña do seu traballo» en materia termal e turística, segundo os socialistas

Grupo socialista
Grupo municipal socialista

«O que está a facer dende o mes de maio o goberno municipal é rirse da cidadanía. Porque cando falamos de termalismo moitas veces se pensa en potenciais visitantes que poidan vir a desfrutar da nosa riqueza. Pero quen realmente deberían ter á súa disposición estes recursos naturais son as e os ourensáns», sinalou o edil do PSdeG no Concello José Ángel Vázquez Barquero nunha rolda de prensa ofrecida aos medios de comunicación esta mañá.

Nas Xuntas de Área desta semana fíxose evidente que o executivo coñecía as filtracións da piscina termal cando se encheu a piscina en maio e comprobaron que había filtracións pero o negaron porque durante 8 meses non fixeron absolutamente nada ao respecto», recriminou ante a inacción do goberno de Democracia Orensana.

E recordou que tamén quedou patente que a capital termal de Galicia non contaría con representación institucional do actual goberno en Fitur. «Somos a capital termal de Galicia e non o somos por unha etiqueta que nos autoimpuxeramos nós. Foi o Parlamento autonómico o que nos condeceu ese status», describiu o edil.

«Dende o executivo de Jácome din que esa feira non vale para nada, pero outras cidades, comunidades autónomas e países si asisten. A cuestión é que eles se avergoñan do seu traballo e, por extensión, do termalismo da nosa cidade e iso é algo que non podemos consentir», puntualizou e engadiu que tampouco asistiu o alcalde á presentación do Plan Termal que a semana pasada tivo lugar en Ourense.

A portavoz dos e das socialistas, Natalia González Benéitez, lembrou que a semana pasada tamén tivo lugar unha Xunta de Voceiros na que o propio alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, trasladaba á oposición que as obras recepcionadas polo Concello de Ourense para rehabilitar a piscina termal das Burgas presentaban eivas por non impermeabilizarse a instalación. «Anunciou a posibilidade dunha futura explotación ou concesión privadas para a xestión do complexo e nós manifestamos que o rexedor e o seu executivo obstrucionaron a nosa labor de fiscalización durante meses», expuxo.

«O goberno incluso manifestou, no pleno ordinario deste mes, que a piscina se abriría de xeito inminente e na posterior Xunta de Voceiros cambiaba de criterio e recoñecía o que denunciamos semanas atrás sobre a existencia de eivas nas obras que supoñían un custo adicional duns 125.000 euros», relatou sobre a cronoloxía dos últimos acontecementos e a necesidade doutra nova obra para poder abrir ao público a instalación.

Neste senso, as e os socialistas esixiron que se diriman as responsabilidades precisas, á maior brevidade, e que se aclare se o erro corresponde á empresa adxudicataria ou a quen planificou a remodelación. «Tamén reclamamos a copia do expediente que según Jácome se poría en marcha para a explotación privada da piscina e, despois de dita solicitude, recibimos unha resposta de Alcaldía na que se sostén que non existe ningún expediente incoado polo executivo municipal», resumiu a socialista aos e ás xornalistas. «Isto nos leva a pensar que o rexedor continúa a mentir e non ten un plan B para as instalacións e que entra en contradiccións continúas respecto ás súas propias versións», advertiu a portavoz.

Sengundo valoraron as e os edís ante os medios de comunicación, trátase dunha «neglixencia política e un ataque ao proxecto termal da cidade» e criticaron que os máximos responsables das concellerías de Infraestruturas e Termalismo. «Sabían que existían problemas de impermeabilización e que esa piscina non se podería reabrir», incidiu engadiu na necesidade de que o executivo local comece a traballar a prol dos recursos da veciñanza.

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad