O corte de tráfico da Avenida das Caldas, previsto para este mes de decembro, aprazarase até o 7 de xaneiro, tras unha solicitude do alcalde Gonzalo Pérez Jácome á Xunta de Galicia. A decisión atende ás demandas dos comerciantes da Ponte para evitar prexuízos na campaña de Nadal e facilitar o tránsito e actividades previstas nestas datas clave.