O Consello Escolar Municipal, inactivo dende 2016, suscita preocupación entre os socialistas de Ourense

Concello de Ourense y Plaza Mayor
Concello de Ourense y Plaza Mayor

O pasado mes de outubro o grupo socialista do Concello de Ourense solicitaba ao executivo de Gonzalo Pérez Jácome que reactivase o Consello Escolar Municipal (CEM) e preguntaban nas Xuntas de Área pola recuperación deste órgano sen obter resposta algunha. «A última composición pública que se atopa vixente e colgada na web da Administración local data do ano 2016, hai 8 anos», lembraba a edil do PSdeG Cristina Cruz.

Ante o silencio do goberno de Democracia Orensana, as e os socialistas voltaron a preguntar no pleno ordinario deste mes de xaneiro ao rexedor se cabía a posibilidade de retomar o funcionamento do mesmo, ao que a concelleira responsable da área de Dinamización respondeu cunha negativa. «Como ben sendo a tónica do executivo de Jácome en cuestión educativa, deixarano esmorecer», sinala a edil do PSdeG.

«O feito de que o Consello Escolar Municipal non se convoque implica que as voces do profesorado ou dos representantes sindicais educativos quedarán apagadas en cuestións que atinxen ao transporte, os comedores ou a limpeza das instacións», resume Cruz sobre as consecuencias de non recuperar a actividade deste órgano.

E lembran as e os socialistas que o CEM constituíuse como un mecanismo superior de consulta, información, de participación cidadá nos asuntos referidos ás competencias municipais en materia de Educación e de asesoramento dos proxectos da lei ou dos regulamentos que haxan de ser propostos pola Xunta de Galicia.

«En definitiva, isto só é unha mostra máis de que a prioridade do executivo de Gonzalo Pérez Jácome non é a Educación», remata lamentando a edil do PSdeG.

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad