O Concello recorrerá a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que obriga a indemnizar a Seguridade Social pola compra de locais na Praza de San Antonio

Plaza San Antonio
Plaza San Antonio

Nota integra del Concello de Ourense:

O Concello de Ourense recorrerá a sentenza ditada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que obriga o Concello a indemnizar a Tesourería Xeral da Seguridade Social polos gastos realizados na compra de locais para oficinas na Praza de San Antonio. Así o acordou a Xunta de Goberno Local na súa sesión ordinaria desta semana, que se desenvolveu este mediodía no salón de plenos. 

A Xunta Local abordou 20 asuntos, presentados polos diferentes servizos municipais. Desde a Avogacía Consistorial deuse conta de 6 sentenzas, e de 3 emprazamentos para que o Concello compareza en diferentes procedementos xudiciais. Entre as sentenzas, está a ditada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que estima o recurso de apelación interposto pola Tesourería Xeral da Seguridade Social contra a sentenza 248/2022 do 23 de decembro, do Xulgado do contencioso-administrativo número 1 de Ourense no procedemento ordinario 53/2022. A resolución revoca a sentenza do contencioso e condena o Concello a indemnizar á Seguridade Social na cantidade abonada para a adquisición de locais na Praza de San Antonio, xunto cos gastos derivados da solicitude de licenza de obra, e o pago dos IBI cobrados nos 4 últimos anos e seguintes desde a formulación da reclamación en vía administrativa. A Xunta de Goberno acordou presentar un recurso de casación ante esta sentenza.

A xunta local tratou tamén 7 expedientes de responsabilidade patrimonial. Desestima dúas solicitudes, arquiva outros dous expedientes, requírelle a dúas compañías de seguros que paguen ao Concello as sumas de 8.074,69 € e 134,43 euros por danos ocasionados por vehículos a bens de propiedade municipal, e recoñece unha obriga de 724,40 euros, a favor dunha particular, en concepto de indemnización, en cumprimento de sentenza xudicial.

A Área de Infraestruturas propón recoñecer unha obriga de 6,77 euros a favor da Confederación Hidrográfica Miño-Sil e, desde Servizos Xerais, aprobáronse dous expedientes para liberar crédito por importe de 24.577,41 euros e 16.002,29 euros, e unha conta xustificativa de anticipo de caixa fixa por importe de 56,45 euros

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad