O Concello de Ourense iniciará nos próximos días o traslado dos comerciantes da Praza de Abastos ao novo edificio

Plaza de Abastos de Ourense en Obras
Plaza de Abastos de Ourense

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, manifestou esta mañá que «o Concello de Ourense non dilatará máis o traslado da mercantil que rexenta a concesión da Praza de Abastos da Alameda», e que lamenta ter confiado no conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, e no seu equipo, que nos últimos meses «nos enredaron con negociacións a 3 bandas que so pretendían complicar e dilatar o traslado».

Dende o Concello procederase coa máxima dilixencia a solucionar a situación da Praza de Abastos, situación creada polos anteriores rexedores (proxectos orixinais e convenios dende 2009 a 2018). Gonzalo Pérez Jácome, alcalde de Ourense, coa finalidade de solventar o problema, avanzou: «nos próximos días se lle notificará á mercantil da praza que proceda ao necesario para o traslado ao edificio reformado, que xa está totalmente recepcionado». Disporán, explicou o rexedor, «duns meses para trasladarse e liberar así as instalacións actuais no parque da Alameda».

O Concello de Ourense non será responsable dos gastos da relocalización, como así se asinou no acordo de 2018 entre as dúas partes. Ademáis, o reloxo da concesión volverá contar cando se reinstalen no edificio, xa que actualmente está parado, e volverán estar obrigados a pagar alugueiro mensual, xa que actualmente a mercantil da praza paga 0 euros de canon. Estas condicións tan vantaxosas para a empresa concesionaria da Praza de Abastos, asináronse polo entonces alcalde Jesús Vázquez e a mercantil, para compensar os trastornos do traslado provisional e consecuentemente retorno.

O alcalde declara que  é curioso que se lle suspendese o alugueiro e o prazo do contrato para compensar, cando realmente pouco hai que compensar porque é todo contrario: no parque da Alameda incrementaron ventas. O alcalde mantén que a mercantil non quere volver ao edificio da Praza por 3 motivos: porque non pagan alugueiro, porque a data da caducidade da concesión está parada e porque comercialmente venden máis ao estar nun parque do centro, a pé de beirarrúa e parada de autobús e con ascensor de entrada e saída de aparcamento». 

O alcalde explica que o Concello xa tiña tomada esta decisión hai tempo. Porén, a Xunta de Galicia retrasouna tras emprazar o Concello a manter unhas negociacións para tratar de consensuar solucións coa concesionaria que xestiona a praza. Estas negociacións, engade o rexedor, «resultaron un engano e só serviron para perder un ano de tempo, dado que ao final a outra parte non cedeu nin un centímetro».

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad