O Concello de Ourense adaptará as capacidades e os turnos da oferta termal ás tempadas non estivais. Tal e como explica o alcalde “paradóxicamente os meses tórridos da cidade son os que máis afluencia teñen de usuarios de baños termais, cando tecnicamente deberá ser ao revés, xa que o contraste frío/ calor é un dos maiores activos das termas quentes”.
Coa chegada do outono, e unha vez descenda o pico de turistas estivais e conxuntamente comece o curso escolar 2022 – 2023, a afluencia de usuarios ás termas se relaxará considerablemente os días da semana. Asemade, o Concello prevé finalizar as obras de reparacións e adaptacións das instalacións termais en A Chavasqueira en nas pozas das zonas dos baños do Muíño e que aumentarán o ratio da oferta termal sobre a demanda.
Desta maneira, o Concello está en posición de “liberalizar” o acceso de usuarios/ as ás termas, suprimindo os turnos por hora existentes a día de hoxe. Segundo o rexedor, “manteranse obviamente as capacidades máximas (ampliaranse incluso algo máis unha vez non haxa quendas), esperando que sexan os usuarios/ as en outono e inverno os que se autorregulen, evitando amontoarse nos picos”.
Outra das modificacións é que se habilita o horario continuado do uso das pozas entre as 10:00 e as 20:00 horas. Con esta medida elimínase o peche ao mediodía, que ocasionaba molestias ao pechar e excluía á usuarios/ as nesta franxa horaria.
Esta nova oferta termal para o outono, sen turnos encorsetados mellorará a comodidade do servizo. Aínda con isto, e por indicacións sanitarias, se sigue recomendando non meterse na auga máis de 45 minutos en total por día.