O Concello de Barbadás anuncia 9 novas obras para 2025 cun investimento de 1,1 millóns de euros

Obras en Barbadás
Obras en Barbadás

Co ano recentemente iniciado, Barbadás xa ten aprobada para 2025 e so pendente de licitación unha inversión de 1,1 millóns de euros en diferentes infraestruturas, con financiamento propio, do Goberno de España, da Xunta de Galicia ou da Deputación de Ourense. En total son 9 actuacións, que van desde a substitución de luminarias tradicionais por leds en todo Bentraces e Barbadás, ata a rexeneración de estradas, recuperación de edificios (antiga escola de Sobrado), novas áreas de recreo e deportes (Parque Lucinda), a ampliación do Polideportivo, obras de saneamento ou melloras nos accesos, como por exemplo á  Valenzá Vella.

A estas 9 se lle sumarán en breve, polo menos, outras 6 obras, con proxectos que están actualmente en redacción ou pendentes de subvencións e cuxo importe se sumará ao longo de ano aos 1,1 millóns citados anteriormente.

Así o detallaron esta mañá o alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, e a tenente alcalde e concelleira de Infraestruturas, Victoria Morenza, que presentaron o plan de obras para 2025 e fixeron avaliación da evolución do mesmo durante o que vai de mandato.

Neste período, desde xullo de 2023, o goberno local terá executado ou aprobado para executar este ano 35 obras de infraestruturas cunha inversión de 2.160.000 millóns de euros, todo elo en pouco máis de ano e medio. A inversión asociada ao Plan de Obras será maior ao rematar este ano, pois hai proxectos que, como sinalaron tanto o alcalde como a concelleira, están agora mesmo en fase de redacción ou pendentes de acadar o financiamento necesario.

“Este é un goberno que goberna dunha forma xusta para todos os pobos do municipio. As necesidades son sempre moitas e resulta imposible cubrilas todas porque os recursos tamén son limitados, pero tentamos atender o maior número delas, chegando a cada recuncho do municipio. A proba está en que cando remate este ano, teremos feito obras en todos os pobos, con criterios de necesidade e interese xeral. No que resta de mandato, seguiremos facendo o mesmo, de tal xeito que equilibraremos o número de actuacións en cada núcleo”, explica Valcárcel.

Tanto Victoria Morenza como Valcárcel destacan o exercicio de colaboración institucional que fai posible este plan de obras, con financiamento de diferentes administracións, así como “o traballo de escoita coa veciñanza para identificar as necesidades”, que apuntou o alcalde, ou de “negociación e consenso tanto co socio de goberno, Dani Rey de DO, como con Ramón Padrón, que tamén propuxo algunhas das obras incluídas no plan”, engadiu Victoria Morenza.

Xa por último, Valcárcel referiuse á presentación deste plan como o síntoma da boa saúde democrática do goberno progresista de Barbadás e, sobre todo, como un exercicio de transparencia. “A rendición de contas é esencial en democracia, así que iso é o que estamos facendo: explicar onde se inverte cada euro público que xestiona o Concello de Barbadás, tanto de fondos propios como procedentes doutras administracións. Este Concello superou os tempos da opacidade e non dará un so paso atrás en materia de transparencia. Gustará máis ou menos o que facemos, acertaremos ou nos equivocaremos, pero xamais ocultaremos nada”, rematou.

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad