O Concello abre o prazo de solicitude de subvencións do Programa de axudas ás actuacións de rehabilitación a nivel de Barrio

Plaza do Ferro casco vello antiguo
Plaza do Ferro, Ourense

O Concello de Ourense convoca novas subvencións dentro do Programa de axudas ás actuacións de rehabilitación a nivel de Barrio.

No Boletín Oficial da Provincia de Ourense (BOP) publicase hoxe o extracto do acordo relativo á convocatoria pública de subvencións para os contornos residenciais de rehabilitación programados (ERRP), cun orzamento destinado de 1.812.800,00€.

O programa de actuación subvencionado incluído no Plan de recuperación, transformación e resiliencia.-NextGenerationEU, limitase á rehabilitación de edificios ou vivendas unifamiliares. Con el tentase estimular a rehabilitación en materia de aforro enerxético dos ERRP do Concello de Ourense antes denominados áreas de rehabilitacións integral (ARI):

  • ERRP Conxunto Histórico de Ourense.
  • ERRP Núcleo de Interese Etnográfico de Seixalbo.
  • ERRP O Polvorín- As Camelias-A Carballeira.
  • ERRP Serra San Mamede- Cruceiro Quebrado- A Inmaculada.

As actuacións subvencionables son as melloras ou rehabilitación de edificios de uso predominante residencial para vivenda, sempre que se obteña unha redución de, cando menos, o 30% do consumo de enerxía primaria non renovable, referida á rehabilitación enerxética.

A contía das subvencións vai en función do aforro enerxético acadado , así pode ir desde o 40% para aforros entre o 30% e o 45%, 65% para aforros entre o 45% e o 60% e 80% en aforros superiores ao 60%. En casos de vulnerabilidade as subvencións soben e poderán chegar ao 100%.

O crédito dispoñible por ERRP é o seguinte:

ERRP Conxunto Histórico de Ourense – 723.800,00€ para un máximo de 45 actuacións.

ERRP NIE de Seixalbo – 189.000,00€ para un máximo de 21 actuacións.

ERRP Polvorín, As Camelias, Carballeira– 792.000,00€ para un máximo de 144 actuacións.

ERRP Barrios Serra San Mamede, Cruceiro Quebrado e A Inmaculada– 108.000,00€ para un máximo de 24 actuacións.

O prazo de presentación de solicitudes será de 6 meses contados desde o día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no BOP de Ourense.

Para máis información, como persoas interesadas poden consultar o texto completo da convocatoria na Base de Datos Nacional de Subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/b​​​​​​/es /ind ), na web do Concello de Ourense e na sede electrónica ou contactar co Servizo de Rehabilitación, na rúa Gracia Mosquera núm. 19, teléfono 988 388 109, ofperi@ourense.es

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad